O Carballiño segue ca tendencia á baixa con dous casos menos ata os 35 contaxiados

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 47 (-2) contaxiados.

Publicidade

O Carballiño conta hoxe con 35 casos activos, dous casos menos ca onte. Beariz mantén 4 casos activos; Maside suma un caso ata os 6 casos activos; San Amaro baixa ata un so contaxio; Cea mantén un caso. O Irixo, Punxín, Boborás e Piñor están libres de covid.