O alumnado das Escolas de Teatro e Danza do Carballiño demostrará todo o seu talento esta fin de semana en dúas grandes galas

Fin de semana para demostrar que o concello do Carballiño conta con grandes promesas do teatro e a danza. O alumnado das Escolas Municipais demostrará todo o seu talento en dúas grandes galas. Mañá representarase a obra de fin de curso que leva por título “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”, no Auditorio Manuel María e a partir das 20.00 horas.

No mesmo escenario, os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Danza ofrecerán o domingo espectáculo “Vive, ama, baila”, con ritmo latinos, ballet, zumba ou funky, entre outros estilos. A apertura de portas está prevista para as 16.45 horas e a gala comezará ás 17.00 horas. Os veciños e veciñas do Carballiño terán a oportunidade de disfrutar destas dúas propostas artísticas nunha mesma fin de semana.

AVANTAR ACTIVIDADES