“Roombo”, app de servicio a domicilio, chega ó Carballiño

A empresa verinesa Roombo chega ó Carballiño. Moitos dos locales xa decidiron sumarse a esta aplicación que ofrecerá servizo nun rango de 7 quilómetros dende o restaurante. Verín, Xinzo ou Ourense son algunhas das localizacións nas que opera. O CCA colaborou na presentación que fixeron no Carballiño e hoxe falamos con Julián Garriga, presidente dos comerciantes.

A súa aplicación é de uso fácil e intuitivo, onde inclúe os pratos dos conciñeiros dos restaurante de confianza de cada cliente.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para os proveedores, bares e restaurantes, negocian porcentaxes moito menores aos da competencia quedándose un 18% do prezo do pedido.

Esta empresa naceu en plena pandemia no 2020, pensando nas necesidades dos pequenos establecementos das cidades e vilas de menor poboación. O seu modelo de negocio está “comprometido co comercio local e os seus hostaleiros” e demostrou neste tempo a súa eficacia á hora de contribuír no aumento da facturación.

Na filosofía de Roombo está “defender o ámbito local, apostando polas pequenas empresas e o fomento do traballo digno. Dende este compromiso, a empresa defende as condicións laborais dos seus repartidores, así coma as do resto de empregados da organización.

O seu compromiso pasa tamén polos proveedores, os bares e restaurantes, cos que negocian porcentaxes moito menores aos da competencia. As grandes franquicias traballan con beneficios que superan o 40% do prezo do pedido, mentres que Roombo manteno nun 18%. Estes datos supoñen un atrativo para empresarios da hostalaría, que se posicionan a favor da implementación deste modelo que xera riqueza nas comunidades grazas á redución dos “marxes abusivos.