Desfile, graduación e un divertido “Spa Sandiás” para despedir o curso no PAI de Sandiás

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O PAI de Sandiás puxo o broche final ao curso 2025-2026 cunha gran festa na que participaron nenos e meniñas, familias, equipo educativo e representantes do Concello, nun encontro pensado para celebrar o remate do ano escolar e seguir fortalecendo os lazos da comunidade educativa.

A celebración tivo lugar o pasado mércores, 1 de xullo, no polideportivo do CEIP Sandiás, onde se viviu unha tarde chea de emoción, aprendizaxe e diversión. Educadores, pais, nais, avós e representantes municipais compartiron unha xornada na que, ademais de acompañar aos máis pequenos nas diferentes actividades, puideron gozar dun espazo de convivencia e participación.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O programa da festa incluíu un desfile infantil e o emotivo acto de graduación do alumnado que remata esta etapa, ademais dun momento de agradecementos e da entrega de agasallos ao equipo educativo do PAI de Sandiás.

A diversión estivo garantida grazas aos diferentes espazos e actividades organizadas para a ocasión, entre elas o orixinal “Spa Sandiás”, o obradoiro de pintacaras, “O Tendal”, un photocall, música de ambiente, petiscos para compartir e inchables, que fixeron as delicias dos máis pequenos.

A festa serviu para despedir un curso cheo de experiencias e aprendizaxes, nun ambiente festivo e familiar que puxo en valor a importancia de facer comunidade arredor da educación e da infancia.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------