Ribeiro en Común demanda unha solución inmediata e urxente a avaría de augas fecais no paseo peonil do río Avia e no entorno da Pasarela da Foz.

Un problema que leva demasiadas semanas sen que desde o Concello se intervira aínda.

Pedimos que lle traslade á empresa concesionaria municipal de Augas para a súa intervención no lugar e que desde o Concello se aborde a situación para a súa solución urxente.

AVANTAR ACTIVIDADES

O grupo municipal de Ribeiro en Común reiterou as queixas veciñais que lle constan foron reclamadas ao goberno local sobre a situación na que se atopa un vertido de augas fecais no entorno da Pasarela da Foz que une dito núcleo co casco histórico de Ribadavia. Este problema provoca grande malestar aos veciños e veciñas que pasan diariamente por dita pasarela e sobre todo polo concorrido paseo fluvial do río Avia.

Así mesmo, ademais do horrible cheiro que provoca nun paseo e senda pola que pasan centos de veciños e veciñas, urxe resolver a avaría xa está a causar o vertido directo de augas fecais ao río Avia, algo que leva semanas a producirse.

A isto súmaselle unha nova avaría na rede de sumidoiros, da que o noso grupo tivo constancia hoxe mesmo, tamén noutro dos accesos que ten a senda peonil do río Avia, esta desde a zona das Banquetas e da rúa Río Avia.

Tanto a zona da rúa Río Avía, como a zona da Pasarela da Foz, son zonas degradadas por ausencia de mantemento, coidado e limpeza do Concello. Sendo flagrante que desde o goberno local se ignoren as nosas peticións de mellora da zona, e sobre todo o incumprimento da normativa municipal para o coidade dos inmobles totalmente abandonados, cheos de maleza e que son un perigo de seguridade para as demais vivendas e viandantes.

Reclamamos que desde o Concello se interveña na mellora destas zonas o antes posible.