---------------------------------------------------------------------------------------------------------
O salón de plenos do Concello do Carballiño acolleu esta mañá a reunión da xunta de seguridade local para abordar o operativo das Festas do San Cibrao, que se celebrarán na vila do 15 ao 19 de setembro e que congregarán a milleiros de persoas entre veciñanza, poboación de municipios próximos e visitantes.
O concelleiro de Seguridade, Alberto Otero; o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, e a concelleira de Benestar Comunitario, Rosa Fuentes, participaron na reunión, así como efectivos da Policía Local, Emerxencias, Protección Civil, Servizo Municipal de Obras, Benestar Comunitario e Electricidade.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------

















