A Xunta promove un verán en familia nas Residencias de Tempo Libre de O Carballiño e Panxón

Esta iniciativa duplicou este ano as súas prazas ata un total de 2000, das cales 1035 foron destinadas á residencia de Panxón

A Xunta de Galicia promove un verán en familia nas súas Residencias de Tempo Libre de Nigrán e O Carballiño. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá os participantes que están a beneficiarse desta iniciativa no centro de Panxón, en Nigrán, polo que ao longo deste verán pasaron 1035 persoas. 

AVANTAR ACTIVIDADES

A oferta do programa comprende o aloxamento e as opcións de almorzo, comida e cea durante os sete días que dura cada quenda. En total repartíronse preto de 2000 prazas, máis do dobre que en 2021, a través dun proceso de adxudicación celebrado no mes de maio. Un proceso que deu prioridade ás familias numerosas, monoparentais, acolledoras e vítimas de violencia de xénero.

Durante a visita, Jacobo Rey destacou que estas estadías permiten desfrutar de tempo en familia e coñecer novos lugares da xeografía galega. Neste sentido, subliñou a situación privilexiada desta residencia, na praia de Panxón, así como as obras recentemente realizadas no edificio, financiadas con arredor de 300.000€ e que melloraron o confort dos usuarios.