CxG de Punxín solicita unha reunión dos principais motores económicos do Carballiño e o Ribeiro

A formación de Compromiso por Galicia en Punxín pedirá ó pleno que presida e favoreza unha reunión, facilitando un local,  entre diversos organismos do Carballiño e do Ribeiro para levar a cabo políticas de revitalización da zona. A formación pretende que se aúnen forzas dos 19 municipio abrodando un programa de ideas coma a dixitalización das empresas, asuntos do medio ambiente, ademais de tratar as carencias en infraestruturas ou de promoción e externalización  da D.O. Ribeiro, termalismo ou patrimonio cultural.

Publicidade

Na primeira reunión propón a presenza de presidentes das Asociacións de Empresarios alcaldes, representantes das asociacións de comerciantes e hostalaría o Presidente da D.O. Ribeiro e o Presidente do Grupo COREN.