O número de parados rexistrado polo Servicio Público de Emprego Estatal pechou en Galicia con 189.500, tras aumentar a cifra do mes de decembro con respecto ó mes anterior en máis de 2.000 persoas. En Galicia hai máis de 24.000 persoas na busca de traballo máis ca o ano anterior.
En Ourense o fin de ano non se salda con boas cifras tampouco. Os rexistros públicos contan a día de hoxe con 21.200 demandantes de emprego, 154 máis ca no mes de novembro. O sector servizos é o máis afectado, ó que pertencen 121 parados do total de 154. O resto dos sectores apenas rexistra cambios. Onde se produce un maior impacto negativo é na afiliación á seguridade social, que perdeu na provincia 889 efectivos no último mes.
A comarca do Ribeiro suma un total de 992 desempregados. Ribadavia consegue paliar a crise incrementando os traballadores, situándose no total de 379 parados. Na comarca preocupan as cifras de Leiro, que sobe en tres parados ata os 101 e Carballeda de Avia, que sobe tamén en tres desempregados ata os 107.
A comarca do Carballiño conta a día de hoxe con 1.829 desempregados. A capital sobe con respecto a novembro en sete parados, facendo un total de 1.069. Os concellos que presentan as cifras máis altas son Maside, con tres parados máis facendo un total de 270 e Boborás, con tres máis, facendo un total de 134.