A Escola Madokoan do Carballiño recibirá o galardón de deportes nos ‘XIV Premios Arenteira’

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Escola Madokoan do Carballiño é a entidade seleccionada polo xurado para recibir o galardón de Deportes nesta 14ª edición dos Premios Arenteira, tendo en conta a súa traxectoria no Carballiño como centro de ensino de diferentes artes marcíais dende a súa creación nos anos 90 do pasado século.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Unha escola que naceu da man de Claudio Mateo (O Irixo, 1968), que xa con 13 anos daba as súas primeiras patadas de hapkido no ximnasio ourensán de Kim, á vez que tamén adquiría coñecementos de acupuntura. Tras rematar o Bacharelato, traballou na chocolatería dos seus pais para aforrar e abrir así o seu propio ximnasio, mentres impartía clases de hapkido no IES Nº 1 a máis de 100 estudantes.

A finais dos anos 90, Claudio tamén se formaría en spinning, sendo pioneiro en Galicia en ser monitor e de xeito que o seu ximnasio foi o primeiro en poñer a disposición dos usuarios esta actividade de mobilidade ximnástica. Xa no 2008 entraría no mundo do kickboxing, conquerindo que diversos competidores da súa escola obtiveran grandes resultados a nivel nacional e internacional, e convertendo a Madokoan nun referente deportivo polo que teñen pasado máis dun milleiro de alumnas e alumnos nestes 40 anos de andaina.

Un ximnasio que obtivo hai un ano unha valoración media de 4.7 sobre 5.00 na web especializada gimnasiostop.com, ao ser considerado polos seus usuarios e usuarias “un lugar popular entre os amantes do fitness”, e cunhas “instalacións modernas, equipamento de alta calidade e unha ampla variedade de clases e servizos”.

A criterio do xurado dos Arenteira, a Escola Madokoan desenvolve “unha intensa actividade formativa con cativos, na que é un referente a nivel galego, pasando por deportistas na elite competitiva e outras persoas xa en idade fóra da competición do hapkido, kickboxing e outras artes marciais, dando como froito a consecución de diversos campionatos e premios individuais e colectivos a nivel galego e estatal”.

O vindeiro día 28 de novembro, venres, terá lugar ás 20,30 horas no Auditorio Manuel María do Carballiño a gala dos Premios Arenteira correspondentes a esta 14ª edición, na que se lle entregará a Claudio Mateo o seu distintivo de recoñecemento.

Un acto ao que está convidados tódolos seus amigos, alumnos e exalumnos da Escola Madokoan, así como toda a veciñanza en xeral que desexe asistir á celebración.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------