O nomeamento aprobouse onte 24 de setembro. Rodrigo Aparicio amosase moi ilusionado co cargo e comprométese a traballar por un sector vital para o desenrolo dos municipios con augas minerais e termais.

Segundo Aparicio o desenrolo termal é imprescindible hoxe en día no reto demográfico no que estamos inmersos, para xerar emprego, asentar poboación e mellorar a calidade de vida dos municipios.

Na Rede de “Villas Termales” da FEMP figuran 76 concellos de España. En total máis de 3.000.000 de habitantes adheridos, principalmente pertencentes a municipios rurais e de interior.

Rodrigo Aparicio, xa mantivo conversas co actual Presidente da sección, Manuel Campos, para tratar de relanzar a rede con novas actuacións enfocadas a mellorar a comunicación e difusión desta sección termal.