Aviso Importante: Instrucións para a realización, dentro do curso 2019/20, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU)
Hoxe publicouse no DOG a
RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2020, conxunta da Secretaría Xeral de
Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e
Innovación Educativa, pola que se modifica a Resolución do 26 de febreiro de
2020 pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2019/20,
da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso
2020/21.
Instrución única. Modificación da Resolución conxunta do 26 de febreiro de 2020, da
Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional
e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do
curso 2019/20, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o
curso 2020/21
A instrución terceira queda modificada nos seguintes termos:
Terceira. Características e deseño das probas
- As características e o deseño das probas corresponderanse co establecido na Orde
PCM/362/2020, do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática,
do 22 de abril, pola que se modifica a Orde PCM/139/2020, do 17 de febreiro, pola que
se determinan as características, o deseño e o contido da avaliación de bacharelato para
o acceso á universidade, e as datas máximas de realización e de resolución dos procedementos
de revisión das cualificacións obtidas no curso 2019/20
- No referente á lonxitude das probas, ás probas, á tipoloxía de preguntas e ao seu
contido terase en conta o disposto nos artigos 7, da Orde PCM/139/2020, do Ministerio da
Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, do 17 de febreiro; 6 e 8 da
Orde PCM/362/2020, do 22 de abril, pola que se modifica a Orde PCM/139/2020, do 17 de
febreiro, así como o establecido no artigo 12 da Orde do 24 do marzo de 2011.
b) Realizarase unha proba por cada unha das materias obxecto de avaliación.
c) O exercicio de cada materia será único e determinado por sorteo público pola CiUG a
partir de, cando menos, catro propostas presentadas por cada director ou directora do grupo
de traballo da materia correspondente. Non haberá anulación da proba como primeira
resolución, senón suspensión e/ou aprazamento dun determinado exercicio, sempre que
se dea o caso.
e) En cada proba, o alumnado disporá dunha única proposta de exame con varias preguntas.
Na elaboración da proba terase en conta que o número de preguntas que deba desenvolver
o alumno ou alumna se adapte ao tempo máximo de realización da proba, incluíndo
o tempo de lectura desta.
O alumno ou alumna terá que responder, á súa elección, a un número de preguntas
determinado previamente. O citado número de preguntas fixarase de forma que permita a
todos os alumnos alcanzar a máxima puntuación na proba, con independencia das circunstancias
en que este puider ter acceso ao ensino e á aprendizaxe durante a suspensión da
actividade lectiva presencial. Para realizar o número máximo de preguntas fixado, todas as
preguntas deberán ser susceptibles de seren elixidas.
k) En cada unha das probas procurarase considerar polo menos un elemento curricular
de cada un dos bloques de contido, ou agrupacións destes, que figuran na matriz de
especificacións da materia correspondente. Polo menos o 70 % da cualificación de cada
proba deberase obter avaliando estándares de aprendizaxe seleccionados entre os definidos
na matriz de especificacións da materia correspondente, que figura no anexo I da Orde
PCM/139/2020, do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática,
do 17 de febreiro. Na materia de Lingua Galega e Literatura II, o 70 % da cualificación
da proba deberase obter avaliando estándares de aprendizaxe seleccionados entre os
definidos na matriz de especificacións que figura no anexo desta resolución.