ASDIFICA pide ó concello a cesión definitiva dun local para realizar a súa actividade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Desde a directiva de ASDIFICA (Asociación de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica do Carballiño e Comarca) veñen de emitir un comunicado pedindo ó concello a cesión dun espazo para o que xa teñen unha partida importante destinada ó seu acondicionamento.

A Asociación leva moito tempo en tratos co Concello para a cesión dun local no que poder asentar as actividades de xeito estable, e apuntan a que lles foron cedidos espazos na Estación de Autobuses, nas casas da Estación de Ferrocarril, na Casa do Pobo, na fábrica de papel ou na Praza Juan Corral Pajariño pero, a día de hoxe, non se concretou ningunha das opcións, por iso piden que se tome unha decisión canto antes.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Lembran que prestan servizo a preto de 100 usuarios e que durante este último ano se fixo un esforzo importante para desenvolver actividades nun local situado no segundo andar da casa consistorial, cedido por un grupo político da corporación.

Estes servizos pasan pola atención de fisioterapia e rehabilitación, seguimento da situación dos/as usuarios/as durante un confinamento que se fai especialmente duro para persoas que xa habitualmente teñen que facer un gran esforzo de integración e socialización; cursos de habilidades sociais e estimulación cognitiva; servizo de psicólogo, de educación social, de traballo social, de orientación laboral…