O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén participa na inauguración da 3ª edición da feira do comercio, Prolimia

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na inauguración da 3ª edición da feira do comercio, Prolimia, que se desenvolverá o 26, 27 e 28 de agosto no pavillón de deportes de Xinzo de Limia, organizada pola Asociación de Comerciantes da Limia.