OS SOCIALISTAS DE LEIRO PEDIREMOS MEDIANTE UN ESCRITO O GRUPO DE GOBIERNO QUE CUMPRA COAS MEDIDAS DE PREVENCION DE INCENDIOS REQUERIDAS POLA XUNTA.
O Grupo Municipal dos Socialista de Leiro queren que o Grupo de Goberno do PP leve acabo as medidas de prevención de incendios, como a limpeza das fincas e viais con maleza que os propietarios/as non adecuen e supoñan un risco de incendio.
Leiro 22/07/2022: O noso Concello é un concello rural e rodeado de natureza, e polo tanto, con potencial risco de sufrir incendios como os que estamos a ver noutras zonas de Galicia nas últimas semanas e aínda hoxe. Debemos ser conscientes de que a seca que sufrimos xa no mes de Xullo fai que o risco de queima sexa maior que outros anos, polo que cremos, débense tomar as medidas oportunas para non ter que lamentar despois a queima do noso medio de vida.
A mala situación de parcelas cheas de “maleza”, supoñen un perigro para as zonas achegadas. Dende 2018, por instrucción da Xunta, pasa a ser competencia dos Concellos a limpeza do solo urbano ou rústico (a 50 metros máximo ás edificacións), polo que se algún propietario/a non limpa as fincas que supoñan un risco de incendio, é o Concello o que debe asumir ese traballo ( e logo remitir os gastos ó dono/a de devandita propiedade)
É certo que dende o Concello estase a requerir a algúns deses propietarios que procedan á limpeza das fincas, mais se os donos/as non realizan a adecuación, é o Concello quen debe limpar esas zonas para que non supoñan un risco para a poboación. Polo tanto, nese senso o Concello de Leiro non está a cumprir a instrucción da Xunta e así mesmo, coa súa desidea, un concello rural coma o noso vive unha ameaza maior de incendio.
Moitos veciños/as nos están trasladando unha preocupación que nós compartimos, que é a mala situación de parcelas, cheas de “maleza” e que supoñen un perigro para zonas máis achegadas. E ademais, é tamén competencia do Concello limpar a biomasa e especies arbóreas as zonas de afección dos viais municipais, así como instar ás administracións competencias a facer o mesmo no caso doa viais da súa titularidade. E o outro problema a maiores que debido a desidea e inaptitude do Grupo de Goberno, este ano nos dispoñemos de brigada contra incendios.
Por todo elo, pediremos atraves de un escrito e o trasladámolo xa agora públicamente, que o PP cumpra coas obrigas de prevención de incendios xa non polo que poña instrucción, senón pola seguridade e tranquilidade de todos os leirenses e leirensas do noso termo municipal