O Psoe de Leiro critica ao goberno local por votar en contra de todas as medidas de axuda fiscal propostas

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O PSOE de Leiro denunciou ao alcalde e senador do PP, Francisco José Fernández, pola súa “desconexión total” coa realidade do municipio. Segundo os socialistas, o rexedor protagonizou o pasado xoves unha visita oficial a unha adega para promocionar bicicletas e patinetes eléctricos, mentres o sector vitivinícola atravesa unha grave crise.

O partido critica que o goberno local do PP votou en contra de todas as medidas de axuda fiscal propostas polo PSOE, como unha rebaixa do 95% do IBI rústico ou axudas directas por pragas. Ademais, destacan a contradición co alcalde de Arnoia (tamén do PP), que si recoñece a urxencia de apoiar ao pequeno viticultor.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Así mesmo, o PSOE sinala o abandono xeral das parroquias e camiños, que están intransitables pola maleza, dificultando o paso de ambulancias e camiones de lixo. Conclúen que Leiro “non necesita un guía turístico en bicicleta, senón un alcalde que defenda ao sector vitícola e traballe por todos os veciños”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------