Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual

38-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES. Moncho Iglesias Míguez
“É vigués de Ourense (de Boborás)”, como el mesmo recolle na súa autobiografía na web da Asociación de Escritores en Lingua Galega, AELG, de onde tomo boa parte do seu vivir.
Nacido na cidade olívica en 1974, licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Vigo, onde fixo o doutoramento en Filoloxía Galega, cunha tese na que compara os contos de tradición oral palestinos e galegos.
Viviu en Palestina, onde deu lingua castelán na Universidade de Belén e na Universidade An-Najah, Nablus, e máis tarde igualmente en Chongqing (China). Tal como recolle na lapela da súa novela Don Pepe, tamén viviu en países como México, Irlanda e India.
Colaborador en revistas como Tempos Novos, Dorna e o xornal dixital Praza Pública; como poeta publicou Cheira (Urutau, 2020), Tren (Urutau, 2018) Abuelita/Avoíña (Parnass, 2013), pedras de Plastilina (Toxosoutos, 2012), Oda ás nais perennes con fillos caducos entre os brazos (Positivas, 2007) e 3’141516, editada en México (Indoamericano, 2001).

Como narrador, gañou o premio Concello de Mugardos do ano 2005, e amais de ter colaborado en diferentes publicacións colectivas, como Relatos libertarios (Ateneo Libertario, 2006), publicou as novelas Tres cores: azul (Estaleiro, 2009) e a xa citada Don Pepe (Do Peirao, 2018).
No eido da tradución, destaca a tradución do hebreo ao galego da obra de Etgar Keret: O condutor de autobús que quería ser Deus (Rinoceronte, 2006) e Saudades de Kissinger (Rinoceronte, 2011), a escolma de poemas Carné de identidade, de Mahmud Darwix (Barbantesa, 2012) e a novela de Randa Jarrar Un mapa do lar (Hugin e Munin, 2016).
Na obra Don Pepe (Edicións Do Peirao), o protagonista, “mexicano por máis de sesenta anos” é un emigrado da parroquia de Xendive, en Boborás. [Retrato: Arquivo AELG – Eduardo Castro Bal].



Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXVII) : “Raquel Piñeiro González “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXVI) : “José Manuel García Iglesias “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXV) : “Bautista Goyel Álvarez Domínguez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXIV) : “José Manuel Vázquez Senra”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXIII) : “Serafín Portugal Soto”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXII) : “Rafael Otero Janeiro”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXI) : “Modesto Hermida García”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXX) : “Cesáreo Sánchez Iglesias”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXX) : “Francisco Fumega Piñeiro”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVIII) : “David Otero Fernández”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVII) : “Carlos Montes Marqués “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVI) : “Juan José Docampo Nóvoa “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXV) : “Carlos A. Rodríguez Calvo “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIV) : “Perfecto Sulleiro González “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIII) : “Laura Novelle “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXII) : ” Mariña Arbor Aldea”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXI) : “María Caiña Hurtado “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XX) : “Julio Rodríguez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIX) : “Francisco Javier Limia Gardón “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVIII) : “Felipe Senén López Gómez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVII) : “Abelardo Santorum Alonso “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVI) : “Xosé Lois Sobrado Pérez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XV) : ” Jorge Emilio Bóveda “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIV) : “Lito Vila Baleato “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIII) : “Pablo Nogueira Campo “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XII) : “Ramón Caride Ogando “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”
Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”
Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “
Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”
O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “
O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “
Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “