Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual

36-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES. José Manuel García Iglesias (Santiago de Compostela, 1950).
Achégase a esta sección (como outros autores que o precederon) polos seus fortes vínculos coa vila do Carballiño ao casar coa tamén profesora da USC, no Grao de Dereito, Concepción Presas Barrosa, polo que mantén vivenda na vila, alternando coa súa residencia habitual na capital de Galicia.
Igualmente, entre a súa numerosa obra publicada, dedicou varios libros ás Terras do Carballiño, en particular un dos seus primeiros volumes e obra referencial, El Pintor de Banga, en 1983, e tamén Santa Baia de Banga, en 2015, por citar algúns.
Tamén é colaborador regular no dixital Badal Novas do Carballiño e ten colaborado en numerosas iniciativas ao longo dos anos. Actual catedrático emérito da USC, despois de exercer como catedrático de Historia da Arte Moderna e Contemporánea desde 1986, no departamento de Historia da Arte na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Alí licenciouse en 1973 en Historia e Xeografía e, ao ano seguinte, en Historia da Arte, doutorándose en 1979 “cum laude” e premio extraordinario. Pertenece ás Academias de San Fernando, como correspondente, á de San Rosendo e á Xacobea.
No ámbito da organización cultural e, en concreto, dos proxectos expositivos, estivo á fronte de “Galicia no tempo” (1990-1991), “Galaecia Fulget” (1995-1996), “Galicia, Terra Única” (1997), nos Xacobeo 99 e Xacobeo 2004. Tamén coordinou os proxectos da Xunta de Galicia “Galicia, Cidade Única” -relativo ás Semanas Culturales de las Ciudades Europeas de la Cultura del Año 2000- e “Galicia. Camiños de Concordia” (2005). Foi presidente do IGAEM (1994-1997), da Comisión de Programación e Coordinación de Iniciativas Culturais da Consellería de Cultura (1993-1997), vicepresidente do Patronato do CGAC (1996-2011). Forma parte, desde a súa creación da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia. Dirixiu a Acción Social de Caixa Galicia (2005-2010).
Entre as súas numerosas publicacións, á parte as xa mencionadas e as do ámeto puramente universitario, destacan La Pintura Manierista en Galicia (1986); Pazos de Galicia (1989); A Catedral de Santiago e o Barroco (1990); Galicia, tiempos de Barroco (1990); Galicia, hacia la modernidad (1998); Camino de Santiago. Patrimonio Mundial (2004); Santiagos de Santiago (2011), Secretos de Catedral (2013); Minerva, la diosa de Compostela (2016); El franciscanismo en Galicia. Ayer y hoy de su Patrimonio Artístico (2019); Galicia. Sus catedrales y Santiago el Mayor (2021).
Desde hai anos tamén colabora regularmente co xornal El Correo Gallego, de Santiago de Compostela.



Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXV) : “Bautista Goyel Álvarez Domínguez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXIV) : “José Manuel Vázquez Senra”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXIII) : “Serafín Portugal Soto”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXII) : “Rafael Otero Janeiro”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXI) : “Modesto Hermida García”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXX) : “Cesáreo Sánchez Iglesias”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXX) : “Francisco Fumega Piñeiro”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVIII) : “David Otero Fernández”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVII) : “Carlos Montes Marqués “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVI) : “Juan José Docampo Nóvoa “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXV) : “Carlos A. Rodríguez Calvo “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIV) : “Perfecto Sulleiro González “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIII) : “Laura Novelle “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXII) : ” Mariña Arbor Aldea”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXI) : “María Caiña Hurtado “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XX) : “Julio Rodríguez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIX) : “Francisco Javier Limia Gardón “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVIII) : “Felipe Senén López Gómez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVII) : “Abelardo Santorum Alonso “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVI) : “Xosé Lois Sobrado Pérez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XV) : ” Jorge Emilio Bóveda “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIV) : “Lito Vila Baleato “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIII) : “Pablo Nogueira Campo “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XII) : “Ramón Caride Ogando “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”
Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”
Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “
Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”
O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “
O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “
Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “