Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIV) : “Perfecto Sulleiro González “

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

24-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES. Perfecto Sulleiro González (Ourantes, Punxín, Ourense, 1910-Madrid, 1978).

Velaquí alguén que non semella ser profeta da súa terra, cando na vila de Punxín nada lembra a memoria dun dos seus fillos máis sobranceiros (como se andiveran sobrados de persoeiros na súa Historia…).

Foi Sulleiro González xornalista, avogado e poeta en galego, ademais de secretario de Administración Local. Estudou no Seminario de Ourense, licenciouse en Dereito e Filosofía e traballou como periodista no gabinete de prensa do Ministerio de Exteriores español. Foi tamén secretario de Administración Local “desde Entrimo a Aranxuez, pasando por Canillejas, Casar de Cáceres, Malagón, Villarrobledo, Tomelloso, Pinto, e quizais algún máis que se me esquece, e con outras sabencias e exercicios, foi escritor por nacencia, devoción e formación, e poeta pola forza da súa moita sensibilidade e da morriña que se apodera dos homes da nosa terra, cando fican lonxe dela e levan ´na frente unha estrela, no bico un cantar´ como dixo Curros de Rosalía” tal como recolle o seu colega de profesión e amigo, Xosé Fariña Jamardo, no prólogo de “A beira da vida, pequenas e tenras lembranzas”.

A Xunta publicouno en 1993 a instancias da súa viúva María Carballeira Olmos, e viña a ser a antoloxía da súa obra poética completa “A beira da vida, ciento veinticuatro poemas gallegos entresacados de la selección de los 350 que componen la obra e A beira da vida, pequenas e tenras lembranzas”, que con tal título conservaba mecanografado, e que xa publicara edicións do Castro en 1988, como “A beira da vida, pequenas e tenras lembranzas”, que tampouco chegara a ver publicados “e que na súa totalidade rematara de escribir desde a súa “habitación da pousada manchega” en Villarrobledo, “alonxado da familia e da terra”, en máis verbas de Fariña Jamardo.

Sobre todo o Ourantes dos anos vinte e trinta do século XX, paséase polos poemas, xunto con referencias a aldeas da contorna. Foi tamén fundador e redactor da revista Certamen e autor de libros vinculados coa súa profesión como “Normas de Conducta profesional, Puntos fundamentales para la reforma del Cuerpo Nacional de Secretarios de Administración Local ou Protocolo, honores y distinciones en las corporaciones locales”, entre outros.

Da súa voz na Wikipedia regreso a Fariña Jamardo no xa citado prólogo, no que o poeta vai “tecendo coma un fermoso casulo de ouro, cos fíos da morriña e da nostalxia, nos derradeiros meses do ano 1972, cando por razóns de oficio, se atopaba na Mancha Alta, en Villarrobledo…”.

Dos seus poemas xorden as vivencias da nenez, as paisaxes, a vida da aldea, a relixiosidade, as festas. Relata neles vivencias líricas e cadros da vida cotiá con espírito costumista. A súa linguaxe reflicte a fala do pobo da aldea nos anos da súa nenez e mocidade.

A ver se houbera sorte e os munícipes de Punxín acordan reivindicar a súa memoria, nos 45 anos do seu pasamento.





Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIII) : “Laura Novelle “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXII) : ” Mariña Arbor Aldea”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXI) : “María Caiña Hurtado “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XX) : “Julio Rodríguez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIX) : “Francisco Javier Limia Gardón “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVIII) : “Felipe Senén López Gómez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVII) : “Abelardo Santorum Alonso “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVI) : “Xosé Lois Sobrado Pérez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XV) : ” Jorge Emilio Bóveda “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIV) : “Lito Vila Baleato “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIII) : “Pablo Nogueira Campo “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XII) : “Ramón Caride Ogando “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”

Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”

Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”

O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “

O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “