Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIII) : “Laura Novelle “

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

23-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES. Laura Novelle (O Carballiño, 1978)

Fico sorprendido pola diversidade de autores, de escritas, de estilos, de traxectorias, que nutren as Terras do Carballiño no eido das Letras, salientando que na cuestión de xénero, elas atópanse aínda en minoría, pero van agromando, mesmo desde o mundo da autoedición cando o acceso ás editoras non é doado.

Boa parte da súa vida transcorreo no Carballiño. Licenciouse en Historia na UVigo e conta cun posgrao en Xestión Documental na Universitat Jaume I.

Docente, documentalista, escritora e responsable do blog Docendo Discitur, imparte aulas de Historia do Tempo Presente na citada UVigo. Ten publicado numerosos artigos da súa especialidade, así como varios manuais sobre elaboración de traballos académicos e historia das bibliotecas.

Desde 2017 vive na cara norte da ría de Arousa. Parte da súa peripecia vital como persoa con parálise cerebral está recollida no libro autobiográfico «39 escalones con vistas al mar» autopublicado en Amazon en 2018.

Confesa que “escribe desde a nenez porque é nese territorio creativo onde pode rachar as limitacións da súa mobilidade reducida, pero tardou en dar o salto á ficción”.

En 2021 autopublicou (en Amazon) a súa primeira novela «Cuando me digas te quiero», unha historia de amor onde se aborda a violencia de xénero e se rachan tabús respecto á discapacidade.

Nese mesmo ano foi premiada no certame Historias no Camiño polo relato curto «Castigo divino», que aparece recollido nunha antoloxía publicada por Editorial Elvira. Mantén á espera de atopar edición, a súa segunda novela, “unha historia de amor cun potente trasfondo histórico”.

Afirma Laura Novelle escribir “sobre os sentimentos porque calquera persoa, sen importar idade nin condición, pode identificarse co amor e o desamor. Pero as miñas historias procuran ir un pasiño máis alá. Como historiadora, gústame desmontar mitos, rachar muros.

Para min a escritura non é só entretemento, tamén é un xeito de loitar contra o descoñecemento e a intolerancia».





Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXII) : ” Mariña Arbor Aldea”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXI) : “María Caiña Hurtado “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XX) : “Julio Rodríguez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIX) : “Francisco Javier Limia Gardón “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVIII) : “Felipe Senén López Gómez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVII) : “Abelardo Santorum Alonso “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVI) : “Xosé Lois Sobrado Pérez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XV) : ” Jorge Emilio Bóveda “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIV) : “Lito Vila Baleato “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIII) : “Pablo Nogueira Campo “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XII) : “Ramón Caride Ogando “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”

Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”

Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”

O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “

O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “