Estrella de Galicia promociona no Carballiño a nova cerveza de pulpo á feira

A ASOCIACIÓN DE PULPEIROS DO CARBALLIÑO COLABOROU NA SÚA EDICIÓN, APORTANDO A AUGA DE COCCIÓN DO PULPO

A cervexa utiliza malta de cebada e malta de trigo, ademais da variedade de lúpulo checo Sladek e fermento de tipo Ale. Durante a elaboración incorporáronse patacas e polbo galego certificado, previamente asustado, como manda a tradición. No período de maduración engadiuse unha mestura de pemento doce e picante, ademais de auga de cocción do polbo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para a súa elaboración contouse coa colaboración de Peixes e Mariscos do Noroeste e da Asociación de Pulpeiros do Carballiño, que achegaron o polbo e a auga de cocción, respectivamente.

O resultado de todo ese proceso é unha “Experimental Seasonal Beer” de tipo Ale, de corpo medio, carbonatación moderada e un 5,8 de volume de alcol. O aroma lembra ao tradicional prato galego e en boca mestúranse o doce e o picante. Esta cervexa chegará ao mercado o próximo 6 de outubro. Estará en establecementos de hostalería e alimentación, ademais de en a tenda online de Estrela Galicia. Trátase da creación número 12 de Fábrica de Cervexas Estrela Galicia.