Cea pon en marcha unha campaña de recollida de alimentos

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

En colaboración co Servizo Provincial de Emerxencias e o Banco de Alimentos o Concello de San Cristovo de Cea e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de San Cristovo de Cea, colaboran na Campaña de Recollida de Alimentos “Por un Nadal Feliz para todos”.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Se queres participar como colaborador sendo Punto de Recollida (panaderías, carnicerías, peixerías, supermercados, comercio en xeral…), contacta con calquera das entidades colaboradoras e enviaranche o cartel de “Punto de Recollida”.

A todos os demais, convidan á colaboración para, un ano máis, compartir con quen máis o precisa. Na campaña anterior entregáronse máis de 500 kg. de alimentos.

A Campaña de Recollida comezará o luns 16 de novembro, e farase a primeira entrega ao Banco de Alimentos o 20 de decembro e unha segunda entrega o 5 de xaneiro, data na que finalizará a Campaña.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------