Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.
En 1983 as persoas que circulaban polas tres estradas que converxían na Vila de Redondela sorprendéronse un día coa aparición duns paneis de grandes dimensións colocados nas beiraestradas dándollela benvida aos viaxeiros nos catro idiomas cooficiais do Estado (Benvidos, Benvinguts, Ongi etorri, Bienvenídos). Foi unha iniciativa inédita, sen precedentes na historia, fundamentada no art. 2ª da Constitución española que recoñece “a riqueza das distintas modalidade lingüísticas de España como un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección”. A interpretación acertada deste precepto legal nos seus xustos termos motivou a decisión de colocar ditos carteis.
Aqueles soportes tiñan unha finalidade pedagóxica: que a cidadanía fose consciente desa riqueza. Só unha pequena porcentaxe de galegos que emigraron a Euskadi (75.000) ou a Catalunya (150.000) estaban familiarizados cos idiomas dos paises de acollida. Ao tempo, en Galicia vivían a 8.000 vascos e 6.114 cataláns, segundo as estatísticas oficiais. De moitos deles recibimos emocionados parabéns pola iniciativa cando voltaban de vacacións e vían os soportes publicitarios. Moitos medios de comunicación, galegos e do resto do Estado louvaron a iniciativa.
Cando lle propuxen ao Alcalde os meus argumentos para a colocación deses paneis veu na orixinalidade unha oportunidade para demostrarlles aos españois que nos visitaban a nosa visión dunha realidade plurilingüe.Foi así como desde Galicia o exercicio da demanda dun Estado plurilingüe recaeu naquel entón no concello redondelán. A tarefa non era doada, pero eu sempre fun partidario de afrontar as dificultades co optimismo da vontade para afondar nas grandes transformacións. Mentres. outros concellos amosaban indiferenza ou receos ás nosas propostas. Redondela foi un referente, dentro e fóra das nosas fronteiras, na defensa da lingua galega e do plurilingüísmo do Estado. Galicia foi avangarda na trasnformación dos usos lingüísticos aos que logo aludiremos cando nos refiramos a un Real Decreto do ano 2025.
Durante moitos anos insistimos na necesaria galeguización do Estado en Galicia, mediante a aceptación da utilización da lingua galega polos órganos da Administración periférica e empresas públicas, seguindo as orientacións da xurisprudencia do Tribunal Constitucional. Foron moitas as conquistas acadadas, que non ímos enumerar aquí por falta de espazo. Por poñer un exemplo, o presidente da empresa pública denominada no tempo CTNE (Compañía Telefónica Nacional de España), Luis Solana, aceptando a nosa proposta galeguizadora, ordenou editar as chamadas Guías Teléfonicas en galego e castelán, respectando a nosa toponímia nas publicacións anuais. Gardo a carta asinada por el amosando a conformidade ao tempo que nos parabenizaba a proposta. Grazas a estas conquistas cataláns e vascos tamén resultaron beneficiados porque tamén foron editadas nos seus respectivos idiomas.
Co mesmo afán conseguíuse que outros ministerios empezasen a utilizar o galego nalgunhas publicacións, e, unha vez máis, de rebote, beneficiouse o catalán e o euskera. Había que demostrar que Galicia podía ser adiantada na declaración do plurilingüismo do Estado. Conseguímos abandeirar con imaxinación a causa do prestixio social da lingua galega. O balance está cheo de éxitos. O importante son as propostas elaboradas con grandes dóses imaxinativas, como nos últimos anos fai a Irmandade Xurídica Galega, conseguindo a galeguización dos programas informáticos utilizados polos Xulgados.
Hoxe,pasados moitos anos, o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática, a través dun Real Decreto de setembro de 2025, declarou que o Estado español é plurilingüe creando órganos de execución e planificación para consolidar a mudanza dos usos lingüísticos.
Pensei na utilidade que pode ter o relato deste proceso para axudar a crear na sociedade galega unha nova mentalidade a través do emprego de formas inxeniosas para afortalar e consolidar a nosa identidade.
*Presidente do Foro E. Peinador.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Xosé González:
A opinión de Xosé González: “Rairiz de Veiga”
A opinión de Xosé González: “Guía básica de galeguización empresarial”
A opinión de Xosé González: “Colleita 2026, máis galega”
A opinión de Xosé González: “A arte de non morrer”
A opinión de Xosé González: “12 de agosto de 1975”
A opinión de Xosé González: “A lingua das forzas e corpos de seguridade”
A opinión de Xosé González: “Unha vez máis no Couto Mixto”
A opinión de Xosé González: “Premios Peña Novo aos compromisos coa lingua”
A opinión de Xosé González: “Mondariz e Enrique Peinador Porrúa”
A opinión de Xosé González: “A memoria do doutor Garcia-Sabell
A opinión de Xosé González: “Academia do Couto Mixto”
A opinión de Xosé González: “En galego, agora e sempre, en Parada do Sil”
A opinión de Xosé González: “O galeguismo de Pepe Cotarelo”
A opinión de Xosé González: “Policía, gardas civís e outros axentes da autoridade”
A opinión de Xosé González: “A lingua galega e os corpos policiais”
A opinión de Xosé González: “Cartas a meu pai”
A opinión de Xosé González: “Comemos e bebemos en galego?”
A opinión de Xosé González: “Interpretación da cooficialidade lingüística”
A opinión de Xosé González: “O exemplo galeguista do presidente do parlamento de Galicia”
A opinión de Xosé González: “A memoria de Álvaro Gil e o centenario dun congreso”
A opinión de Xosé González: “Adegas Terra de Asorei”
Xosé González: “En Galego, agora e sempre”
A opinión de Xosé González: “Embutidos Lalinense, unha empresa galeguizada e galeguizadora”
A opinión de Xosé González: “un agosto para lembrar”
A opinión de Xosé González: ” Repensar a celebración do Día da Patria”
A opinión de Xosé González: “Virginio Fuentes Martínez”
A opinión de Xosé González: “O Couto Mixto, unha democracia inédita no seu tempo”
A opinión de Xosé González: “Premios Lois Peña Novo 2025”
A opinión de Xosé González: “Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez, médico humanista e galeguista.”
A opinión de Xosé González: “No Lerez, homenaxe a “Barriga Verde””
A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”
A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”
A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”
A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”
A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”
A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”
A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”
A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”
Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”
A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”
A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”
A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “
A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “
A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”
A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “
A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”
A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”
A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”
A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”
A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”
A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”
Xosé González: “Os montes veciñais en man común “
Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”
Na Limia en Galego, Agora e Sempre
A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”
A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”
A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”
A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”
A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”
A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”
A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”
A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “
A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

















