A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.


Sendo xuíz na vila d´A Estrada don Fermín Bouza Brey tomou a decisión de estudar unha segunda carreira, Filosofía e Letras. Foi o primeiro alumno da Universidade de Santiago de Compostela que fixo o exáme escrito en lingua galega en 1931. Enumerar outros exemplos sobardaría o espazo concedido para a publicación deste artigo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O fomento dos usos lingüísticos nas actividades familiares, profesionais e societarias precisan de vontades decididas dispostas a asumiren a parte alícuota que nos corresponde. Adiar esta función   é retrasar considerablemente o proceso de galeguización, ao tempo que caldo de cultivo para que se consoliden os complexos lingüísticos diglósicos e liturxias perversas de exercer un galeguismo a tempo parcial, é dicir, restrinxido a determinadas épocas do ano.

O Día das Letras Galega é unha celebración  obsoleta, inservible para os retos que ten a lingua galega nos espazos da ciencia, economía, novas tecnoloxías e outras áreas. A creación literaria puido ser o único medio posible no seu tempo. Hoxe non. Por iso apostamos pola mudanza, denominándoo Día da Lingua Galega.

Cada persoa, independente da súa idade ou profesión, pode ser un dinamizador da lingua galega. A xeito de exemplos enumeramos algunhas actividades que se poderían poñer en práctica. Estas son as propostas que facemos:

1.- Galeguizar os nome e apelidos deturpados. 2.- Procurar que os actos xurídicos documentados (escrituras, testamentos, creración de empresas…) se realicen en lingua galega; incluíndos nos testamentos unha manda de carácter pedagóxico, instando aos herdeiros a aseguraren o futuro do noso patrimonio cultural. 3.- Solicitarlles ás empresas subministradoras de servizos domiciliarios (auga,gas,telefonia…) que galeguicen as comunicacións connosco. 4.- A mesma pretensión manifestarllela ás entidades bancarias e de seguros, e nomeadamente as empresas de decesos para que queden obrigadas mediante a inclusión dunha cláusula na póliza a realizaren os sepelios  en galego (lirtuxia relixiosa e esquelas)  5.- Aquelas persoas que formen parte das directivas de entidades culturais e deportivas  deberían fomentar e dinamizar o galego nas súas actividades. 6.-  Da mesma maneira, as  que participen nas comisións organizadoras de festexos populares deben procurar que o noso idioma e música tradicional teñan a debida presenza decorosa nas programacións.

Hai outras que tamén poden axudar o seu:

7.- Os que formen parte das comisións veciñais de montes en man común, deberan instar ás directivas a que se habilite a correspondente partida orzamentaria para subvencionar ou pagar a totalidade do importe das lápidas mortuorias en galego dos comuneiros falecidos. 8.-  Os que sexan propietarios de todo tipo de negocios( bares, restaurantes, cooperativas, comercios…) que galeguicen as súas actividades. 9.- Os afiliados dos sindicatos que demanden dos seus delegados que os convenios colectivos se publiquen en galego,  e que neles se inclúa unha cláusula titulada “dereitos lingüísticos dos traballadores e traballadoras”, para garantir o uso do idioma oralmente e por escrito nas relacións laborais e órganos xurisdicionais; 10.- Cando se presente a circunstancia de intervir nun proceso xudicial testemuñar na vista oral en galego, e instar ao avogado elixido para que a defensa dos nosos intereses se fagan  nos procedementos escritos e na oralidade en lingua galega , demandando consonte coa lexislación vixente que se dite en galego a sentenza. 11.- Consumir produtos galegos, e, entre eles, amosar preferenza polos etiquetados en galego. Desta maneira apoiaremos unha economía de noso galeguizada. 12.- Practicar o bilingüismo pasivo como acto de reafirmación: que os nosos interlocutores se expresen en castelán, se queren, sen que nós renunciemos á nosa levados pola improcedente xustificación da deferencia cos demais.

Propostas que  son para realizar na esfera privada. A familia debe ser unha escola de maxisterio  galeguizador  en todos os momentos, sen vacacións. Non teñamos medo a sermos moi galegos.

* Xosé González Martínez. Presidente do Foro E. Peinador.


Curriculum de Xosé González Martínez

Dende 1979 foi funcionario da administración local, primeiro en Redondela, onde estivo 20 anos no Servizo de Normalización Lingüística do concello, e despois na mancomunidade da Área intermunicipal de Vigo onde foi director do Servizo de Normalización Lingüística.

Foi director da Revista de Administración Galega, subdirector da revista Lingua e Dereito que edita a Universidade de Vigo. É presidente da Fundación dos Premios da Crítica Galicia, secretario da Asociación de Amigos de Couto Mixto, fundador da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e da Asociación de Xuristas en galego. Foi un dos creadores do Premio Blanco Amor. É impulsor da Fundación Galicia Empresa e da Fundación Lois Peña Novo (sendo o actual Presidente), e presidente do Foro Enrique Peinador. Colaborador en prensa (Faro de Vigo) e radio (Radio Galega) e da Enciclopedia Galega Universal. Foi o tradutor ao galego dos Códigos Penal e Civil e de moita outra literatura xurídica.


Outros ártigos de Xosé González

A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”

A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”

A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”

A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”