A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.


Cando o reitor da USC, Alejandro Rodríguez Cadarso  decidíu modernizar a universidade pensou en poñer en pé o proxecto da Residencia de Estudantes. Como non había moito diñeiro público para realizalo ocorreuselle a idea de dirixirse aos concellos e pedáneos para recabar os seus apoios. “Un foguete sen botar e cinco minutos de gaiteiro”, tal foi o lema da súa iniciativa. Cos aforros producidos por tal medida pensaba arrecadar financiación económica para facer realidade aquela custosa obra pública. Aquela idea orixinal, obviamente, non tivo a resposta desexada.

AVANTAR ACTIVIDADES
Alejandro Rodríguez Cadarso

En 1984, cando outro reitor da USC, o profesor Carlos Pajares, tomou posesión do cargo, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNLG) solicitoulle audiencia para propoñerlle unha iniciativa, certamente innovadora. No limiar da exposición programática explicamoslle ao señor Reitor que naquela altura Galicia vivía un baleiro institucional que había enchelo con imaxinación e audacia. A Constitución española (1978) e o Estatuto de Autonomia (1981) prevía un amplo desenvolvemento normativo para concederlles aos concellos ámbitos competenciais que tiñan que ver co novo modelo de xestión municipal. Ao tempo, a Universidade, con escasos recursos económicos e un proxecto de modernización presentado polo novo Reitor facían posible unha alianza municipalistas e universitaria.

A nosa proposta consistía en abrir un debate sobre posibles colaboracións entre a USC e os concellos galegos coa celebración  dunhas xornadas dirixidas aos rexedores municipais.  A iniciativa entusiasmoulle ao profesor Carlos Pajares. Tanto, que non tardamos moito tempo en organizar as devanditas xornadas. Constituímos unha comisión da que formamos parte, presidida polo vicerreitor Xoaquín Corbacho, que, ademais, fora alcalde do concello de O Grove. Cúmprense agora corenta anos daqueles encontros.

Un equipo intrerdisciplinar de relatores escollidos polas súas experiencias noutras latitudes xeográficas do Estado impartiron cadanseu relatorio naquelas xornadas convocadas co rubro “Encontros da USC coas Corporacións Locais”. Lembramos as importantes achegas dos técnicos da modélica Área Metropolitana de Barcelona. O contexto político era propicio para desenvolver accións innovadoras. Porque as corporacións locais carecían de políticas capaces de trasnformar institucións enferruxadas pola tutela de corenta anos de ditadura, e a universidade galega, necesitada de aires novos para a formación dos novos titulados. Naquel contexto histórico o Estado apenas transferira algunhas competencias  á Xunta de Galicia para cumprir coas súas funcións estatutarias.

Pensabamos que os concellos poderían artellar convenios de colaboración coas correspondentes dotacións orzamentarias cos departamentos da USC para orientar fundamentadas políticas sectoriais en materia de medioambiente, ordenación territorial, tratamento dos residuos sólidos, e reconversión  do funcionariado herdado do franquismo con programas formativos. Contemplouse tamén a galeguizaciòn das entidades locais. Deste xeito abriamosllelas portas aos distintos departamentos da USC para que aplicasen os seus coñecementos cientificos na nova realidade constitucional. Propoñiamos unha Universidade menos teórica e máis implicación na transformación do país.

Ao abeiro daquelas xornadas, a AFNLG fixera de ponte entre os concellos e o Instituto da Lingua Galega, dependente da USC, para formalizar un convenio de colaboración. Sumáranse trinta e cinco concellos galegos que coas súas achegas económicas puxeron en pé a Sección de Linguaxe Xurídica e Administrativa. Cada Corporación participante facíao a razón de cinco pesetas polo número de habitantes. Os grandes concellos colaboraron, de aí a importancia do feito reseñado. Naquela altura, tamén a sensibilidade do reitor fixo posible que a proposta de crear un Servizo de Normalización Lingüística se realizase con inmediatez inusitada.

Os reitores Rodríguez Cadarso e Pajares Valiñas  quedaron unidos na historia polo entusiasmo das súas iniciativas. Actualmente o reitor don Antonio López Díaz, entusiasta da galeguización e modernización da USC, continúa a estela dos seus predecesores. No municipalismo non atopamos hoxe esa vitalidade transformadora.

* Xosé González Martínez. Presidente do Foro E. Peinador.


Curriculum de Xosé González Martínez

Dende 1979 foi funcionario da administración local, primeiro en Redondela, onde estivo 20 anos no Servizo de Normalización Lingüística do concello, e despois na mancomunidade da Área intermunicipal de Vigo onde foi director do Servizo de Normalización Lingüística.

Foi director da Revista de Administración Galega, subdirector da revista Lingua e Dereito que edita a Universidade de Vigo. É presidente da Fundación dos Premios da Crítica Galicia, secretario da Asociación de Amigos de Couto Mixto, fundador da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e da Asociación de Xuristas en galego. Foi un dos creadores do Premio Blanco Amor. É impulsor da Fundación Galicia Empresa e da Fundación Lois Peña Novo (sendo o actual Presidente), e presidente do Foro Enrique Peinador. Colaborador en prensa (Faro de Vigo) e radio (Radio Galega) e da Enciclopedia Galega Universal. Foi o tradutor ao galego dos Códigos Penal e Civil e de moita outra literatura xurídica.


Outros ártigos de Xosé González

A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”