O delegado territorial da Xunta participa na homenaxe ao investigador e defensor do patrimonio Juan Carlos Rivas Fernández-Xesta

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

  • Manuel Pardo lembrou o traballo do Grupo Marcelo Macías, ao que pertencía o homenaxeado, como “unha das máis nobres expresións do compromiso intelectual e afectivo coa memoria de Galicia”
  • Como os grandes membros do grupo, que contou con figuras esenciais da intelectualidade galega, como Vicente Risco, Florentino López Cuevillas, Xesús Ferro Couselo ou Xaquín Lorenzo, atopou neste grupo un ámbito fecundo para dignificar a arqueoloxía, a etnografía, a historia e a arte de Galicia
  • No acto, tamén desenvolvía a presentación do volume 55 do Boletín Avriense

Ourense, 15 de maio de 2026. – O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá no Liceo de Ourense no homenaxe ao investigador, divulgador e defensor do patrimonio, Juan Carlos Rivas Fernández-Xesta. o

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

No acto, que tamén desenvolvía a presentación do volume 55 do Boletín Avriense, Manuel Pardo lembrou o traballo do Grupo Marcelo Macías, ao que pertencía o homenaxeado, como “unha das máis nobres expresións do compromiso intelectual e afectivo coa memoria de Galicia”.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


“Nesa tradición de amor á cultura e de fidelidade á memoria histórica inscríbese a figura de Juan Carlos Rivas Fernández-Xesta, -salientou Manuel Pardo- estreitamente vinculado ao espírito e á herdanza intelectual do Grupo Marcelo Macías”. O seu labor como investigador, divulgador e defensor do patrimonio constitúe unha prolongación contemporánea daquela escola de pensamento que entendeu Galicia como unha realidade cultural viva, digna de estudo rigoroso e de permanente protección.

Como os grandes membros do grupo, que contou con figuras esenciais da intelectualidade galega, como Vicente Risco, Florentino López Cuevillas, Xesús Ferro Couselo ou Xaquín Lorenzo, atopou neste grupo un ámbito fecundo para dignificar a arqueoloxía, a etnografía, a historia e a arte de Galicia.

Juan Carlos Rivas Fernández-Xesta soubo unir erudición e sensibilidade, facendo da investigación histórica non un exercicio frío de arquivo, senón unha verdadeira forma de servizo á sociedade e á identidade galega. A súa dedicación á historia, á xenealoxía e á preservación documental continúa esa cadea de transmisión cultural grazas á cal unha comunidade conserva conciencia de si mesma ao longo do tempo.

Ademais, entendeu que os museos non son depósitos inertes de obxectos antigos, senón lugares de diálogo entre o tempo e a sociedade. Por iso, -segundo o delegado territorial- “impulsou investigacións, publicacións e estudos que fixeron do Boletín Avriense unha referencia indispensable para o coñecemento da nosa cultura. Cada páxina publicada foi un acto de amor ao saber e unha apaixonada defensa da herdanza común”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------