Unha escolma do alumnado máis salientable da Escola Madokoan do Carballiño protagonizará o vindeiro sábado unha exhibición na Praza da Veracruz da vila do Arenteiro. A cita terá lugar ás 19,30 horas e nela as mellores loitadoras e loitadores do club carballiñés amosarán os seus avances nas disciplinas de kickboxing e hapkido e tamén no BJJ brasileiro.
O evento foi presentado esta mañá na Casa do Concello por José Castro-Gil, alcalde en funcións e tamén concelleiro de Deportes, e Claudio Mateo, o director da Escola Madokoan. O rexedor carballiñés agradeceu a aposta do club polo fomento do deporte e os seus logros a nivel competitivo nacional.
Ao respecto, Claudio Mateo lembrou que alumnas e alumnos da súa escola participarán o vindeiro mes de novembro no Campionato do Mundo de Kickboxing, que terá lugar na cidade de Aranjuez, tras ter conquerido triunfos no Campionato de España.
A traxectoria da Escola Madokoan fíxose acredora o pasado ano, na 14ª edición do Premios Arenteira, do galardón na modalidade de Deportes. O xurado destes galardóns impulsados polo Aparthotel Arenteiro e o Grupo Cer&Ber recoñeceu que a entidade fundada en 1997 polo propio Claudio Mateo, é cs todo un referente nacional nas disciplinas marcíais do hapkido e o jiujitsu, ademais de manter unhas óptimas instalacions adicadas á ximnasia.


















