A Xunta buscará mañá o consenso para o segundo plan de axudas a autónomos, pemes e hostalaría

Así o informou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, nunha reunión mantida cos representantes provinciais e autonómicos dos diferentes sectores económicos galegos. Rueda tamén incidiu na importancia de continuar co diálogo para alcanzar un consenso, para que estas axudas poidan saír adiante ca maior fluidez posible. A prioridade, segundo o vicepresidente, é a axilidade no pago, como asegura que xa o foi na primeira convocatoria de axudas.

Ante as novas medidas que afectan á actividade da hostalería e outros sectores, simplificaranse os trámites do 2º Plan de Rescate. Unha das novidades propostas é que os autónomos non terán que acreditar prestación por cese de actividade e tampouco se lles esixirá ás microempresas ter activo ou ter pasado por un ERTE para optar á axudas. Estarán tamén dispoñibles para os locais que opten por manter o servicio para levar ou a domicilio. Mañá mércores, os representantes dos sectores voltarán a reunirse ca Xunta para tentar finalizar este acordo.

AVANTAR ACTIVIDADES