O Carballiño despunta con 201 casos activos, sumando 47 nas últimas 24 horas

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, rexistra hoxe 201 casos activos, 47 contaxios máis ca onte. Maside sobe ata os 41 casos, tres mais ca onte. Boborás mantén os 16 contaxios. San Amaro e Punxín contan con 14 casos cada un deles. San Cristovo conta con 12 contaxios. O Irixo e Piñor contan tres casos cada un. E Beariz conta cun caso.

A comunidade galega rexistra hoxe 4.571 contaxios, un ritmo de novos positivos que presenta un repute notable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 32.107, a cifra máis alta dende o inicio da pandemia. A ocupación das camas dos hospitais equilíbrase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 51 (-5) están en UCI e 262 (+13) en unidades de hospitalización.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 482 contaxios novos, unha cifra que ascende con respecto a onte, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 3.407 casos activos, un repunte notable. Os hospitais hoxe presentan 38 (-5) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 7 (-2)  na UCI.