Ourense presenta hoxe un repunte de casos activos, aínda que estabiliza os ingresos

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 164 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 3.061, o que amosa un leve ascenso de apenas unha corentena de persoas. A presión asistencial presenta un equilibrio. Hoxe hai 48 (+1) persoas na UCI, e 152 (-12) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta un repunte de casos activos. Hoxe hai 22 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra sobe con respecto a onte en 17 máis, ata os 279 casos totais. Os hospitais presentan hoxe unha estabilidade. Contamos con 17 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 8 (+1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES