O Carballiño sobe ós sete casos activos e no Ribeiro catro concellos presentan contaxios

IES CHAMOSO LAMAS

A comarca do Carballiño mantén hoxe 12 (+2) contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, sobe un contaxio, ata os 7 casos activos. Boborás conta cun so contaxio. San Cristovo de Cea mantén dous casos activos e Maside, que onte contaba cun contaxio, hoxe conta con dous. No Ribeiro, Carballeda de Avia presenta tres casos activos. Ribadavia, estaba onte libre de covid, e hoxe suma un contaxio. Avión e Cenlle contan cun caso activo cada un. Todos os demáis concellos están libres de covid.

A comunidade galega rexistra hoxe 123 contaxios, un ritmo de novos positivos que descende lixeiramente. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.367, preto dun centenar máis nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 10 (+1) están en UCI e 46 (+2) en unidades de hospitalización.

OFERTA DE TRABALLO EN AVIÓN

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 36 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 322 casos activos, 27 máis ca onte. Os hospitais hoxe presentan 12 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (-1)  na UCI.