Manuel Baltar: “José Antonio Valencia representa o liderado político que necesita Calvos de Randín para aproveitar todas as súas potencialidades”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------
  • O presidente provincial mantivo un encontro co candidato do PPdeOU en Calvos de Randín nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio
  • Manuel Baltar destaca de José Antonio Valencia “o seu compromiso co concello e cos seus veciños, referendado a través dun programa e unhas liñas de actuación perfectamente deseñados e que suporán, sen dúbida, unha gran panca de desenrolo para Calvos de Randín a partir do 28-M”
  • O cabeza de lista aposta por “proxectos sociais, mellora da rede viaria e a posta en valor da nosa identidade”, ante “un goberno municipal incapaz de blindar os servizos públicos e tecer liñas de colaboración coas administracións para implementar iniciativas transformadoras”
  • José Antonio Valencia marca como “prioritaria” a creación dunha residencia de maiores, xunto á mellora do centro de saúde ou a “reivindicación do noso patrimonio cultural e histórico”

6, abril, 2023. Enmarcada na serie de encontros que está a celebrar con candidatos do PPdeOU nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio, o presidente provincial, Manuel Baltar, mantivo unha xuntanza con José Antonio Valencia, cabeza de lista en Calvos de Randín. 

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Despois da reunión, Manuel Baltar definiu ao cabeza de lista coma “o liderado político que necesita Calvos de Randín para aproveitar todas a súas potencialidades”. 

O presidente do PPdeOU destaca “o compromiso de José Antonio Valencia co concello e cos seus veciños, referendado a través dun programa e unhas liñas de actuación perfectamente deseñados e que suporán, sen dúbida, unha gran panca de desenrolo para Calvos de Randín a partir do 28 de maio”. 

Pola súa banda, José Antonio Valencia aposta por “proxectos sociais, a mellora das infraestruturas viarias e a posta en valor da nosa identidade”, ante “un goberno municipal incapaz de blindar os servizos públicos e tecer liñas de colaboración coas administracións para implementar iniciativas transformadoras”.

O candidato popular nas municipais do 28 de maio remarca como “prioritaria” a creación dunha residencia de maiores e mellorar o centro de saúde -garantindo a presenza estable dun médico-. E destaca a necesidade de mellorar a OU-1010 ao seu paso por Calvos e, en xeral, as “vías de comunicación cos concellos lindeiros e con Portugal”. Tamén insiste na “posta en valor do medio rural e a reivindicación do noso patrimonio cultural e histórico, con fitos completamente desatendidos polo goberno municipal como o Couto Mixto”. 

Reunión en Calvos de Randín

O líder provincial acompañou a José Antonio Valencia nun percorrido polo concello, reuníndose posteriormente con membros da candidatura e simpatizantes do PPdeOU. Manuel Baltar e o cabeza de lista por Calvos de Randín estiveron acompañados polo vicesecretario de Organización do PPdeOU e candidato en Celanova, Pablo Pérez, e o candidato á reelección en Muíños, Plácido Álvarez.

Perfil de José Antonio Valencia Valencia

José Antonio Valencia Valencia ten 52 anos. É empresario do sector avícola e leva toda a súa vida vencellado a Calvos de Randín, “un concello que é o meu pasado, o meu presente e o meu futuro, e polo que aposto como unha terra chea de potencial”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------