O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén reúnese co alcalde do Irixo Lito Cerdeira

O delegado territorial fixo balance das inversións da Xunta de Galicia neste concello, destacando o recente anuncio da Consellería do Medio Rural de integrar, dentro da segunda fase do plan de pastos, montes veciñais do concello do Irixo

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nesta ocasión, desprazouse ao concello do Irixo onde mantivo unha reunión coa seu alcalde, Manuel Cerdeira, na que analizaron as principais demandas deste municipio en relación á administración autonómica. En concreto, o rexedor trasladoulle ao delegado territorial a necesidade de seguir a afondar na marca Irixo, mellorar o abastecemento de auga en varios núcleos do concello e información polo miúdo das vivendas de promoción publica.

Pola súa banda, o delegado fixo balance das inversións da Xunta de Galicia neste concello, destacando o recente anuncio da Consellería do Medio Rural de integrar, dentro da segunda fase do plan de pastos, montes veciñais do concello do Irixo, para promover un mellor aproveitamento dos recursos naturais, traballar na anticipación aos incendios forestais e para garantir a rendibilidade das explotacións, ao facilitarlles máis base territorial e proporcionarlles novas ferramentas para xerar oportunidades de riqueza no rural.