Publicase hoxe no BOP. Premer na Imaxe

Unha vez aprobadas as Bases reguladoras da selección para a cobertura, con carácter laboral temporal, de dous/dúas (2) peóns/peoas de servizos múltiples, publícase resumida a convocatoria, para coñecemento xeral:
- Número e denominación do posto: dous/dúas (2) postos de peóns/peoas de servizos múltiples.
- Modalidade de contratación: laboral temporal de duración determinada, a xornada parcial.
- Sistema de selección: concurso-oposición.
- Bases da convocatoria: están publicadas integramente no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello:
https://castrelo.sedelectronica.gal - Prazo e lugar de presentación das solicitudes: cinco (5) días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de Castrelo de Miño, en horario de 8.30 a 15.00 horas; na sede electrónica do concello ou a través de calquera dos medios que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.