A residencia de Cea sofre un brote de dez contaxiados, o segundo dende o mes de outubro

O Concello do Carballiño sobe un caso, dos 4 activos de onte ós 5 de hoxe. Esta semana os casos mantivéronse estables con apenas algunha variación dun caso. A comarca sobe os casos, sumando un total de 26.

O foco preocupante establécese hoxe na residencia da Virxe da Saleta, en San Cristovo de Cea, cun brote con 10 contaxios onte. Neste caso trátase do segundo brote importante nesta segunda ola. O primeiro rexistrouse no mes de outubro con 9 contaxiados e que se cobrou a vida dunha residente de 99 anos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Beariz mantén os mesmos casos activos ca onte, establecéndose nos 8 contaxiados, despois de preocupar chegando ós 30 casos. A maioría de estes casos proveñen da Residencia San Antonio, que ten tanto residentes coma traballadores contaxiados. Nos últimos días nesta residencia rexistráronse cinco falecementos.

O resto de concellos mantéñense estables. Maside mantén un só contaxiado e Piñor estaba sen casos e conta hoxe cun contaxiado. Os demais concellos, O Irixo, Boborás, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.