A Xunta ve “clara intencionalidade” nos incendios de Boborás e Maside

IES CHAMOSO LAMAS

O conselleiro do Medio Rural, José González, fixo un chamamento á concienciación cidadá ante os incendios. e incendiarios tras comprobar claros indicios de intencionalidade en varios incendios rexistrados a semana pasada.

Destacou que só entre a noite do pasado sábado e a mañá do domingo rexistráronse un total de 15 incendios forestais en Galicia.

HIPER MASIDE

Na provincia de Ourense- durante todo o sábado rexistráronse ata tres lumes en Maside con apenas 30 minutos de diferenza entre dous deles, mentres que na localidade de Boborás houbo dous incendios iniciados o domingo case simultaneamente.

A partir destes datos, José González sinalou que a probabilidade de que a maioría destes lumes sexan intencionados é moi alta. Por iso, a Xunta apela á prudencia e á colaboración cidadá e lembra que está a disposición dos cidadáns o teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa sospeitosa ou coñecida: 900 815 085.