Ourense volve a reducir os casos activos e a ocupación hospitalaria

21 December 2020, US, Worcester: A man fills a syringe with the Pfizer Coronavirus (Covid-19) vaccine at a vaccination centre in UMass Memorial Hospital in Worcester. Photo: Allison Dinner/ZUMA Wire/dpa 21/12/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
Publicidade ASPADISI

A comunidade galega rexistra hoxe 54 contaxios, un ritmo de novos positivos que descende lixeiramente con respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.677, preto de 200 casos menos nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta un descenso. Do total de pacientes positivos en Galicia, 19 (-4)  están en UCI e 43 (-13) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 8 contaxios novos, reducindo á metade a cifra de onte, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 210 (-15) casos activos. Os hospitais hoxe presentan 6 (-2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 5 (=) na UCI.