Publicado no BOP a distribución de competencias no Concello do Irixo tras o acordo de goberno entre PP e a actual alcaldesa

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello do Irixo procedeu á distribución das áreas de goberno entre os concelleiros do Partido Popular, froito do acordo de coalición que sustenta á actual alcaldesa, Rosa María Dalama.

Esta nova configuración do equipo de goberno é consecuencia directa da moción de censura presentada de forma conxunta polo PP e o PSdeG, que levou á alcaldía a Rosa María Dalama. Devandito acordo provocou a expulsión da alcaldesa e da concelleira María Dolores Fariñas Ferreiro das filas do Partido Socialista.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Cabe destacar que a Sra. Dalama convértese na terceira persoa en ocupar a alcaldía do Irixo no transcurso do actual mandato, o que reflicte a inestabilidade política recente no municipio.

Distribución de Competencias*

Os concelleiros do Partido Popular que asumen as carteiras máis importantes son:

  • Manuel Cerdeira: Asume as competencias en materia de Emprego.
  • José Manuel Nogueira: Será responsable da área de Medio Rural.
  • María José Villanueva: Tamén asume competencias en educación e cultura

Con esta distribución, o Partido Popular consolida a súa influencia no grupo de goberno municipal, controlando as áreas estratéxicas para o desenvolvemento do municipio.


Publicado no BOP do 7 de novembro

DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS EN MEMBROS DA CORPORACIÓN.

Dilixencia de constancia de delegación de competencias

Sergio López Ramudo, secretario-interventor do Concello do Irixo, para os efectos do artigo 3.2 do Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcio-narios de Administración local con habilitación de carácter nacional, fago constar que na data do 20/10/2025 se ditou o seguinte Decreto, transcrito no Libro de decretos da Alcaldía con número 2025-0722, cuxo tenor literal é o que segue:

Decreto da Alcaldía

Delegación de competencias en membros da Corporación Exposición de motivos

A Alcaldía do Concello do Irixo, no exercicio das atribucións conferidas polos artigos 21 e 23 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e polo artigo 43 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, considera necesario esta-blecer unha distribución equilibrada das responsabilidades de goberno, co obxectivo de mellorar a eficacia administrativa e garantir unha atención máis próxima e directa á cidadanía.

A descentralización da xestión municipal en diferentes áreas de goberno permite unha resposta máis áxil ás demandas veciñais, facilita a coordinación entre os distintos servizos e reforza a partic-ipación dos membros da Corporación no exercicio das súas funcións representativas.

Por todo iso, e atendendo á necesidade de dar continuidade ás políticas públicas municipais nos ámbitos do emprego, medio rural e educación e cultura, considérase oportuno efectuar a delegación das correspondentes competencias nos/as concelleiros/as responsables destas áreas.

Decreto

Primeiro.- Delegacións de competencias.

  1. En don Manuel Cerdeira Lorenzo:

As competencias en materia de emprego que comprenderán, entre outras funcións:

  • A planificación, coordinación e seguimento dos programas e políticas activas de emprego pro-movidas polo Concello.
    • A tramitación e xestión de subvencións e convenios en materia laboral e de inserción profesional.
    • A coordinación cos servizos públicos de emprego, administracións autonómicas e estatais, así como con entidades colaboradoras e asociacións empresariais.
    • A organización de cursos de formación, obradoiros de emprego, programas de prácticas e me-didas de fomento da empregabilidade xuvenil, feminina e de colectivos en risco de exclusión.
  • O impulso de proxectos de emprendemento e apoio ás pequenas empresas e autónomos/as no ámbito municipal.
    • A supervisión do persoal vinculado aos programas de emprego temporal financiados por outras administracións.

  • En don José Manuel Nogueira Taboada:

As competencias en materia de medio rural, que incluirán:

  • A planificación e xestión de actuacións de mellora dos camiños rurais e xestión hidráulica e saneamento municipal.
    • A xestión de montes veciñais, aproveitamentos forestais e prevención de incendios.A coordinación de programas de desenvolvemento rural sustentable e de conservación do territorio.O apoio á actividade agrícola e gandeira local, promovendo a modernización das explotacións e a diversificación económica do rural.A promoción de feiras, mercados e outras iniciativas que favorezan a comercialización de pro-dutos locais.A colaboración con asociacións agrarias, cooperativas e comunidades de montes do termo municipal.A vixilancia e control do cumprimento da normativa ambiental e rural que afecte ao ámbito municipal.

  • En dona María José Villanueva Dejuane:

As competencias en materia de educación e cultura, que abranguerán:

  • A planificación, programación e coordinación das actividades culturais e educativas municipais.
    • A xestión dos equipamentos culturais (biblioteca, centros sociais, auditorios, etc.).
    • A organización e apoio de eventos culturais, festivais, exposicións e actividades de promoción da lingua e da identidade cultural galega.
    • A colaboración co centro educativo así como coa ANPA, na mellora dos servizos e infraestrutu-ras escolares.
    • A xestión de programas municipais de apoio ao estudo, bolsas e actividades complementarias de carácter educativo.
    • A promoción da participación cidadá e da creación artística local.
    • O fomento e apoio ás asociacións e entidades culturais locais.
    • O fomento da lectura, do acceso á cultura dixital e da educación permanente de persoas adultas.

Segundo.- As delegacións conferidas comprenden a dirección e xestión ordinaria das materias citadas que non sexan de carácter reservado á Alcaldía por disposición legal.

Terceiro.- As delegacións terán efecto desde o día seguinte da súa sinatura que se considerará aceptada tacitamente, salvo manifestación expresa.

Cuarto.- Notifíquese o presente decreto aos/ás concelleiros/as designados/as e comuníquese ao Pleno na primeira sesión que teña lugar, para o seu coñecemento.

Quinto.- Publíquese este decreto no Boletín Oficial da Provincia e na sede electrónica municipal. No Irixo, o 20 de outubro de 2025. A alcaldesa.

Asdo.: Rosa María Dalama Lousado.

Para que así conste, esténdese a presente dilixencia no Irixo, o 21 de outubro do 2025.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------