O Ribeiro mantén a todos os concellos por debaixo dos 10 casos de covid-19

Ribadavia presenta hoxe 8 casos activos, os mesmos ca onte. Nos últimos días sufriuse un descenso acusado chave para volver a cifras estables. Avión segue na lista con máis casos, rexistrando 4 casos activos dende a pasada semana. O número de afectados no concello de Leiro está hoxe en 3, os mesmos ca onte. Melón e Cortegada teñen dous casos activos cada un. Cenlle e Beade contan cun caso activo cada un. Arnoia, Carballeda de Avia e Castrelo de Miño están libres de coronavirus.