O Concello de Piñor promove para o vindeiro luns un obradoiro educativo para bebés e as súas familias

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de Piñor, a través do Programa de Educación e Apoio Familiar (financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo programa operativo FSE Galicia 2021-2027),  desenvolverá o vindeiro 11 de maio, ás 11,30 horas, un “Taller de educación familiar para bebés” na Casa Neno Os Cativiños. A actividade está dirixida ó alumnado da Casa Neno (cativos de ata 3 anos) e ás súas familias, co obxectivo de favorecer o vínculo afectivo, a expresión emocional e a participación familiar a través do xogo e da experimentación sensorial.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Durante o taller realizarase a actividade “A árbore das emocións da miña familia”, unha proposta creativa na que os nenos e nenas elaborarán unha gran árbore utilizando materiais coma cartón e pintura de dedos, incorporando tamén fotografías das súas familias. A través das pegadas, das cores e da interacción coas persoas adultas de referencia, traballaranse emocións básicas como a alegría, a calma ou o enfado, sempre desde unha metodoloxía respectuosa cos ritmos evolutivos da primeira infancia. A actividade estará guiada pola educadora familiar do Concello de Piñor e pretende crear un espazo seguro de encontro, comunicación e fortalecemento dos vínculos familiares.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Esta iniciativa enlaza tamén co traballo desenvolvido previamente desde o Programa de Educación e Apoio Familiar do Concello de Piñor. Durante o pasado verán presentouse “Crecipiño”, símbolo e mascota do programa, representado a través dunha árbore que simboliza o crecemento saudable da infancia no seo das súas familias e da comunidade. Por este motivo, a actividade proposta xira arredor da creación dunha árbore emocional e familiar, como elemento simbólico de protección, apego, coidado e desenvolvemento integral dos nenos e nenas.

Dende o Concello de Piñor destácase a importancia de impulsar actividades de acompañamento ás familias durante os primeiros anos de vida, etapa fundamental para o desenvolvemento emocional e social da infancia, recordando que o Programa de Educación e Apoio Familiar está para axudar a tódalas familias, tendo tamén un carácter educativo e preventivo.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------