Preocupación da Asociación de Veciños Camiño do Carballiño polo Asilo

IES CHAMOSO LAMAS

A Asociación de Veciños Camiño do Carballiño amosa a súa preocupación polo funcionamento e xestión do legado da fundación Hermanos Prieto dende que se foi a congregación relixiosa das “Hermanitas de los Ancianos Desamparados”.


Moitos vecinos e familiares de usuarios da residencia “Hermanos Prieto” trasladáronnos a súas inquedanzas sobre o actual funcionamento da residencia, así como dunha posible deriva nos cumprimentos orixinais das funcións para as que se creou esta fundación. Por exemplo uns dos puntos principais dos estatutos din que “a fundación ten por obxecto dar asilo, albergue, alimentación e prestar toda clase de coidados aos anciáns desamparados maiores de sesenta anos… sendo en todo caso actividades sen animo de lucro” e que “os beneficios obtidos se revertan no mantemento, reparación e melloras no patrimonio da fundación.

HIPER MASIDE

É polo que dende a nosa asociación de veciños do Carballiño solicitamos que Francisco Fumega, como membro vocal do padroado, informe a toda a veciñanza sobre o estado é funcionamento actual da fundación para comprobar que a fundación sigue cumprindo coas vontades dos Hermanos Prieto