Hoxe comezaron os controis policiais para a mobilidade no Carballiño

A Policía Local preparouse durante os últimos días ante a posibilidade de esta restrición de mobilidade. Hoxe, o xefe da Policía Local coordinaba un operativo de control dende primeira hora da mañá, no que participaron seis patrullas e para o que se contou ca colaboración da Policía Autonómica e da Garda Civil.  Os controis vixiaron os accesos nos principais puntos. A xornada salvouse sen incidencias nin multas, asegurando dende a Policía Local que a xente é coñecedora das novas medidas.

Sanidade tomaba as medidas de subir ó nivel 3 de alerta no Carballiño asegurando que a incidencia dos últimos 1a días era 5,8 veces superior ca toda Galicia. Ademais, resaltaba Sanidade que o brote orixinado nos últimos días 2non está baixo control”.

AVANTAR ACTIVIDADES

O nivel máximo de alerta, no que se atopa a comarca ó completo, inclúen as seguintes restricións:

  • Prohibidas as reunións entre persoas non convivintes.
  • Reunións en restaurantes con máximo 5 persoas convivintes.
  • Prohibido o consumo en barras e interiores de bares e cafeterías.
  • Velorios de 25 persoas en espazos abertos e máximo 10 persoas en espazos pechados.

Tamén está prohibida a mobilidade dentro da área perimetral que conforman os concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo, salvo causas debidamente xustificadas. Estas causas serán:

  • Coidado de persoas dependentes (maiores, menores ou con discapacidade).
  • Acudir a centros sanitarios, ó lugar de traballo ou por motivos laborais e a asistencia a centros educativos.
  • Está permitido entrar a estes núcleos para acudir a oficinaa bancarias, para trámites en xulgados ou edificios públicos ou para facer exames ou probas oficiais.
  • Outra das excepcións é o coidado animal noutra vivenda que non é a princial, para o que deberá xustificarse a titularidade deses animais.