A Deputación aproba preto de 100.000 € en achegas para entidades e concellos

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe, na reunión celebrada por videoconferencia, preto de 100.000 € en achegas para entidades e concellos. Entre elas, a resolución da convocatoria de concurso público para a concesión de subvencións para a realización de festivais, ciclos, mostras ou actividades análogas correspondentes a 2020, das que son beneficiarias as seguintes entidades: Agrupación folclórica Queixumes dos pinos (1.750 €), Asociación coro de cámara Música Viva (2.350 €), Asociación cultural ecolóxico educativa Arteficial (3.935 €), Asociación cultural Orfeón Valdeorrés (2.000 €), Asociación cultural Tiruleque grupo (2.000 €), Asociación Orfeón do Carballiño (4.000 €), Asociación para el Desarrollo Educativo y Cultural (17.500 €), Asociación Ribeira Sacra Cultural (1.200 €), Capela madrigalista de Ourense (1.500 €), Concello de Castrelo de Miño (1.706 €), Concello de coles (3.290 €), Concello de Xinzo de Limia (8.893 €), Concello de Xunqueira de Ambía (3.850 €), Concello do Barco de Valdeorras (4.539 €), Concello do Carballiño (1.775 €), e Doppler gestión cultural (8.207 €). A Xunta de Goberno acordou ampliar o prazo xeral de xustificación destas subvencións ata o 15 de decembro de 2020, e ordenou a publicación do acordo de resolución no BOP e na sede electrónica da Deputación de Ourense.

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou a expropiación forzosa urbanística para a execución da obra de ampliación de accesos a Requiás e Guntumil, en Muíños, ademais de achegas para infraestruturas e actividades culturais para os concellos de Toén, Lobios e Punxín, por importes que suman en total 24.572 €, así como a aprobación dunha subvención a favor da Federación Galega de Atletismo para actividades 2019 por importe de 6.000 €.

AVANTAR ACTIVIDADES