Concerto estelar de “Sete Netos” na Insua dos Poetas o día 5 de agosto ás 20:30 h

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

CONCERTO ESTELAR SETE NETOS
GRUPO FOLK ARXENTINO – GALEGO
5 DE AGOSTO DE 2022 ÁS 20:30
INSUA DOS POETAS – A ESGUEVA – MADARNÁS – O CARBALLIÑ

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Sete Netos é unha banda de música (folk, tradicional galego con fusión de folclore arxentino e iberoamericano) formada no ano 1998 en Buenos Aires. A maioría dos seus integrantes proviñan do Grupo de Música e Danza do Centro Galicia de Buenos Aires.
A súa discográfica é “Sete Netos” ABD Records e “Fogaxe” UTF.
Teñen colaborado con grupos de prestixio internacional como Milladoiro, The Chieftains, Carlos Nuñez, Luar na Lubre, Berrogüetto e outros grandes que visitaron Buenos Aires, sendo eles mesmos unha referencia neste tipo de música en toda Latinoamérica.
Os integrantes, todos netos de emigrantes galegos, de aí o seu nome, formáronse desde pequenos na música tradicional de Galicia.
Estes experimentados artistas da música realizan un interesante traballo combinando instrumentos tradicionais con outros máis contemporáneos, establecendo interesantes conexións entre a música do universo celta e a música tradicional de América.
Son os difusores na República Arxentina e noutros países de forte emigración galega (Uruguay, Chile, Brasil, Venezuela, México e Panamá) dunha mestizaxe entre a música dos seus ancestros, dándolle un matiz moderno e innovador, con expresións tradicionais da Arxentiana e toda Iberoamérica.
Sete Netos lanzou o seu primeiro disco (homónimo do seu nome) o 20 de abril de 2002, nun concerto no auditorio de Belgrano (Buenos Aires) diante de máis de 5000 persoas. O 10 de maio de 2008 presentaron, con enorme éxito, o seu segundo traballo discográfico “Fogaxe”. Esta vez no teatro del Globo, unha das principais salas porteñas. Pouco despois levarían a cabo a súa primeira
xira por diversas localidades de Galicia (Santiago, A Coruña, Vigo, Pontevedra…).
Son innumerables os recitáis e concertos desta agrupación que teñen sido reflexados nos medios de comunicación e publicacións especializadas (La Nación, Clarín, El Día, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, La Región, La Región Internacional…).
Nesta segunda andaina de Sete Netos por Galicia, estarán presentes por primeira vez na provincia de Ourense. Será no Carballiño (Insua dos Poetas), o vindeiro venres 5 de agosto ás 20:30 e con entrada de balde.
Integran Sete Netos: Gabriel Alberto Ponte (gaita, flautas, tin whistle e percusión), Alberto López Barros (gaita, flautas, saxo, low whistle, ocarina, acordeón e teclados), Jorge Alberto Sisto Mellid (guitarra, bandurria, laúd, batería, tambor e derbake), Hugo Edgardo Reverditto Antúnez (pandeireta, bombo, cunchas, bodhran, djembe, derbake e percusión), Marcelo Olveira Cambeiro (batería, djembe, derbake e guitarras), Pablo Rouco (teclados, gaita, acordeón e arpa) e Nicolás Pérez (gaita, flautas, tin whistle, guitarras, violín e acordeón)