O CCA promove o comercio local para os agasallos do Día do Pai

“Papá merece o MELLOR”, é a campaña que lanza o Centro Comercial Aberto do Carballiño co obxectivo de potenciar as compras no comercio de proximidade para a data que se achega.  As compras realizadas entre os días 15 e o 18 de marzo entran nun sorteo que pode facer que as compras feitas salgan gratis. ¿Como funciona? As persoas que fagan una compra de máximo 150 euros deberán enviar unha fotografía do seu tícket de compra ó correo
carballinocca@gmail.com. Sortearanse vales polo prezo invertido entre as persoas que participen.

PUBLICIDADE