Marta Ortiz presenta este xoves o seu contacontos “Tralará” na Biblioteca do Carballiño

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello do Carballiño organiza este xoves, día 30 de xullo, ás 12,00 horas unha sesión de contacontos no salón de actos da Biblioteca Municipal coa narradora galega Marta Ortiz. A cita, enmarcada no programa ‘Ler conta moito’, está dirixida a nenos e nenas de 2 a 8 anos, que poderán desfrutar dunha divertida e educativa actividade.

O espectáculo, titulado “Tralará”, inclúe cantos, refráns, retrousos e rimas, xogos de palabras e contos versados. Marta Ortiz propón cancións, adiviñas, trabalinguas e contos, pensados para que a cativada, así como as súas familias, aprendan e coñezan diferentes recursos da oralidade, literatura infantil e música dunha maneira participativa. “Todas as familias do Carballiño están convidadas a desfrutar da proposta”, apunta Lorena Castro, concelleira de Educación.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------