A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.


Hai dous anos visitamos no seu domicilio ourensán  ao doutor Carlos Guitián. Tiñamos mentes de facerlle unha entrevista. A súa saúde xa estaba quebrada e o resultado foi outro do previsto: apenas aproveitamos algunhas respostas, moi proveitosas, por certo, para aproximarmonos ao seu perfil biográfico

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Carlos Guitián morreu con noventa e seis anos. A súa especialdidade médica foi a uroloxía. Moitos ourensáns recordan os seus acertados diagnósticos en tempos nos que a ciencia non acadara os graos de perfección que ten hoxe a expecialidade.  Á consulta do doutor Guitián acudían pacientes dos pobos da provincia de Ourense, reenviados por médicos rurais con escasa formación para detectaren anomalías fisiolóxicas  de difícil diagnóstico e tratamento, tal e como relata no seu libro “Enfermos pobres, médicos tristes”, o doutor Roberto Fernández Álvarez, cuxa lectura recomendo, ao persoal sanitario, pero tamén a todas as persoas que teñen interese pola historia da sanidade pública.

O doutor Carlos Guitián pertenceu por  inclusión xeracional a unha  élite médica que se deu en chamar Escola Médica Compostelana, constituída por catedráticos da Facultade de Medicina que tiñan consulta privada.  Os pacientes con patoloxías severas incertas acudían con frecuencia á “Fonte Limpa”, que así denominaban popularmente os titulares daquelas clínicas privadas de médicos humanistas, avalados polos coñecementos científicos en conexión constante cos centros de investigación máis avanzados do mundo naqueles tempos.

Carlos Guitián formou parte desa élite médica. O seu selo humanístico fundamentabase no  coñecementos das  peculiaridades propias e na idiosincrasia dos doentes galegos (“as enfermidades son iguais en todos os sitios do mundo, pero os doentes non”). De aí que o noso admirado doutor estivese involucrado en cantas iniciativas culturais tivesen como obxectivo a galeguización de Galicia.

Coñecíno  na chamada “Misa de Rosalía” que un grupo de crentes galeguistas convocaban anualmente cada 25 de xullo. E como estamos a falar dun modo de resistencia perante un réxime negador das manifestación culturais de raíz galega, permítome lembrar que a primeira liturxia en lingua galega fora oficiada polo P. Seixas colaborando  eu co oficiante na condición de  monaguillo  na efeméride patriótica de 1965. Alí estaba eu con quince anos. A xente que acudía á igrexa de San Domingos de Bonaval era numericamente pequena, pero cualitativamente de nivel intelectual elevado; os máis deles,  sobreviventes da Xeración Nós, e cofundadores da restauración cultural de Galicia no franquismo. Non lembro quen foi, pero alguén dos presentes presentoume a Carlos Guitián como un máis “das  novas xeracións de mozos que han continuar o noso labor”.

Pero foi outro 25 de xullo de 1969, cando a intervención policial dirixida polo axente da brigada social, Benito Nieto “O chepas”, a quen coñeciamos en Vigo, fora dunha contundencia desmedida por mor dunha voz que emitíu un “Viva Galicia Ceibe”. Lembro ao meu carón a Otero Pedrayo co caxato erguido pedíndolle inutilmente responsabilidade a aqueles policías  desertores do arado indocumentados que repartían porrazos a eito, sen miramentos. Non esquezo a imaxe do escultor Camilo Nogueira, grande coma un castelo, caendo a rebullón polas escaleiras; outros intentaban fuxir en desbandada  daquela desproporcionada agresividade policial. Deteñen a Xaime Isla Couto e isto motiva que Carlos Guitián alporizadamente dixera “non hai dereito”. A resposta do policía foi dicir “y Vd, también”, metendo os dous como sacos de patacas nun “Jeep”.

A Irmandade da Sanidade Galega, que é unha entidade que pretende galeguizar aos profesionais da sanidade, convoca para o próximo día 15 de xuño, en Ourense,  dous actos: un, na Avda. da Habana  onde vivíu Carlos Guitián, para  descubrir unha placa de homenaxe a súa memoria; media hora despois, outro de índole académica no paraninfo do Instituto Otero Pedrayo, que contará coa presenza do Presidente do Parlamento de Galicia, para glosar as virtudes que adornaron o intelixente e modélico bo facer profesional do homenaxeado. No mesmo acto ingresarán na Irmandade da Sanidade Galega dezasete novos irmandiños e irmandiñas, médicos e demais profesionais do sistema sanitario galego- dispostos a secundaren o exemplo galeguizador de Carlos Guitián, coa idea de crear unha escola de galeguismo na sanidade pública.

* Xosé González Martínez. Presidente do Foro E. Peinador.


Curriculum de Xosé González Martínez

Dende 1979 foi funcionario da administración local, primeiro en Redondela, onde estivo 20 anos no Servizo de Normalización Lingüística do concello, e despois na mancomunidade da Área intermunicipal de Vigo onde foi director do Servizo de Normalización Lingüística.

Foi director da Revista de Administración Galega, subdirector da revista Lingua e Dereito que edita a Universidade de Vigo. É presidente da Fundación dos Premios da Crítica Galicia, secretario da Asociación de Amigos de Couto Mixto, fundador da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e da Asociación de Xuristas en galego. Foi un dos creadores do Premio Blanco Amor. É impulsor da Fundación Galicia Empresa e da Fundación Lois Peña Novo (sendo o actual Presidente), e presidente do Foro Enrique Peinador. Colaborador en prensa (Faro de Vigo) e radio (Radio Galega) e da Enciclopedia Galega Universal. Foi o tradutor ao galego dos Códigos Penal e Civil e de moita outra literatura xurídica.


Outros ártigos de Xosé González

A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “

A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”

A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”

A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”

A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”

A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”

A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”