A andaina do Pan de Cea reúne a 270 persoas en favor dunha causa solidaria

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este pasado domingo celebrouse a 8ª edición da andaina do Pan de Cea, un evento xa consolidado, e que conta cun gran número de adeptos. Coma sempre, evento para quecer motores de cara a esta vindeira fin de semana de festa, adicada ao seu produto típico.  Este ano, unha parte da inscrición foi destinada a ACEGA, Asociación de Celíacos de Galicia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este ano contaron cun gran número de participantes, 270, que se animaron a desfrutar dunha ruta polas mellores paraxes deste concello. Houbo dous percorridos, un de 10 quilómetros e outro de 20 quilómetros, avituallamentos e agasallos.

De este gran número de participantes, son moitos os que repiten. Algúns motivados polas fermosas paisaxes e outros movidos polas causas solidarias. Destacaron, ademais, a boa organización ano tras ano detrás desta proba, na que tamén se fan moitas amizades que comparten o gusto polas andainas.