Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual

53-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES. Ana Isabel Rodríguez Bernárdez (O Carballiño, 1953).
No ano 2023, o 15º Festival de Títeres (que se celebra anualmente polo mes de agosto no Carballiño), premiou a Ana Isabel Rodríguez Bernárdez por ser “unha das mulleres pioneiras na arte dos títeres en Galicia, que en 1974 escribiu os primeiros textos en galego por encargo da Asociación Cultural Avantar do Carballiño.
O seu lema era ´por un teatro en galego´”, e así recolleu no programa oficial. Vinculada ao activismo cultural carballiñés desde os nacentes anos setenta, ademais de autora de pezas para monicreques, estudiou Maxisterio na Escola Normal de Ourense e licenciouse posteriormente en Historia pola UNED de Pontevedra. Foi especialista en audición e linguaxe do equipo psicopedagóxico do Carballiño, e orientadora do Instituto Nº 1 do Carballiño.
É membro do Instituto de Estudios Carballiñeses, do que é secretaria desde a súa fundación en 2001, ademais de colaboradora e secretaria de redacción da súa revista “Ágora do Orcellón”. Na súa traxectoria profesional, foi mestra de Primaria por acceso directo da terceira promoción do plan de 1967. Escolleu o seu primeiro destino en Barcelona, sendo Mataró no curso 1973-1974, e despois pasaría ao barrio de Bellvitge, en Hospitalet De Llobregat.
No curso 1975-1976 aproveitou para iniciarse nos estudios de Historia da Arte na universidade barcelonesa. Na súa estadía en Catalunya coñeceu os momentos de renovación pedagóxica que daquela estaban a desenvolverse, mesmo participando en cursos como os promovidos pola Asociación Rosa Sensat, onde tomou interese polo traballo dos oleiros.
Xa no curso 1977-1978 retornou á Galicia, á unitaria de Herville, en Mos. Vinculada á Asociación Cultural Avantar desde o seu núcleo fundacional, e traballando xa como docente en Barcelona, desenvolvería exposicións de olaría galega, e ao tempo amosou interese pola dramaturxia de monicreques, e crear en 1974 o Teatro de Títeres no seo da propia Avantar, peripecia da que aporta cumprido detalle na publicación “Na procura de Ruliño. Seis farsas para títeres” (Instituto de Estudios Carballiñeses, 2025), na que ademais recolle a unha chea de colaboradores na iniciativa, entre a mocidade carballiñesa daquela primeira hora.
O Teatro de Títeres fixo actuacións en varias edicións da Mostra de Teatro de Ribadavia nas súas orixes a cargo de Abrente, e tamén por toda Galicia, ademais de ser presenza fixa nas Festas do Setembro do Carballiño. Igualmente, en colaboración con Xulio Álvarez Crespo, a autora publicou o opúsculo “Eduardo Bernárdez. Un home a prol dun país” (A. C. Avantar, 2018), con motivo da homenaxe a un dos fundadores do colectivo.




OS MELLORES ESTABLECEMENTOS




Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXXXII): “Carlos Meixome Quinteiro”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXXXI): “Tania Godoy”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXXX): “Elixio Villaverde García”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXXIX): “Alberte Pagán Vázquez”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXXVIII) : “Luís González Tosar”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXXVII) : “Catuxa Cerviño Lastra”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXXVI) : “Manuel José Alfonsín Marnotes”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXXV) : “José Balboa Rodríguez”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXXIV) : “José Gerardo Manrique de Lara”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXXII) : “Juan Lois Mosquera “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXXI) : “Rafael Melero Granja “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXX) : “Javier Fraiz “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXIX) : “Quico Valeiras “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXVIII) : “Moncho Iglesias Míguez”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXVII) : “Raquel Piñeiro González “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXVI) : “José Manuel García Iglesias “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXV) : “Bautista Goyel Álvarez Domínguez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXIV) : “José Manuel Vázquez Senra”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXIII) : “Serafín Portugal Soto”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXII) : “Rafael Otero Janeiro”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXI) : “Modesto Hermida García”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXX) : “Cesáreo Sánchez Iglesias”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXX) : “Francisco Fumega Piñeiro”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVIII) : “David Otero Fernández”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVII) : “Carlos Montes Marqués “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVI) : “Juan José Docampo Nóvoa “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXV) : “Carlos A. Rodríguez Calvo “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIV) : “Perfecto Sulleiro González “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIII) : “Laura Novelle “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXII) : ” Mariña Arbor Aldea”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXI) : “María Caiña Hurtado “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XX) : “Julio Rodríguez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIX) : “Francisco Javier Limia Gardón “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVIII) : “Felipe Senén López Gómez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVII) : “Abelardo Santorum Alonso “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVI) : “Xosé Lois Sobrado Pérez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XV) : ” Jorge Emilio Bóveda “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIV) : “Lito Vila Baleato “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIII) : “Pablo Nogueira Campo “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XII) : “Ramón Caride Ogando “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”
Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”
Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “
Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”
O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “
O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “
Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “

















