Maside levará a Pleno o programa ” Avanzando Xuntos” tras o acordo co PP

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O CONCELLO DE MASIDE LEVARÁ A PLENO O VINDEIRO LUNS O PROGRAMA “AVANZANDO XUNTOS”, UN ACORDO CONXUNTO DOS GRUPOS MUNICIPAIS PSDEG_PSOE – PP

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A corporación municipal chegou a um acordo para por enriba da mesa unha serie de medidas que cremos que axudarían a mellorar as circunstancias nas que nos toca a todos e todas afrontar esta difícil conxuntura.

1. TIPO DE AXUDAS ENCAMIÑADAS A POTENCIAR E MANTER A ACTIVIDADE COMERCIAL OU EMPRESARIAL DO CONCELLO DE MASIDE (PALIAR GASTOS ACUMULADOS POR PECHE OU CESE DE ACTIVIDADE DE AUTÓNOMOS E MICROEMPRESAS)

VIDEO

Supresión (mediante solicitude) do imposto de recollida de lixo para a Hosteleria, os Autónomos e Microempresas do Concello de Maside.

Poderanse acoller a esta medidas os veciños que por motivo do Covid19 viran afectado o seu emprego e os seus ingresos familiares. Retrasar o cobro de impostos e taxas ó abastecemento de auga e saneamento domiciliado dos tres primeiros bimestres. poderán fraccionarse o IBI e o imposto a vehículos. Eximir o pago de taxas por “inactividade”  ós autónomos e ó sector da Hostelería. 

As solicitudes poderanse presentar telemáticamente na paxina do concello (www.concellodemaside.gal), ou enviando escrito a seguinte dirección de correo electrónico (concello.maside@eidolocal.es), ou presencialmente en instancia facilitada polo concello.

Suprímese a taxa por ocupación da vía pública (mesas e cadeiras) e  permítese o uso do espacio público, prazas ou beirarrúas (sempre permitindo o paso dos peóns) para facilitar a actividade, ampliando ata un 100% a maiores da superficie actual.

Así no lo contou hoxe o alcalde de Maside, José Manuel Iglesias

O Concello realizará as tarefas diarias de desisfección das áreas de terraza e fachada de acceso dos locais

  • PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE  EMPRESARIAL E COMERCIO LOCAL
  1. A través da web e redes sociais do Concello poñeranse en marcha diferentes campañas que fomenten o consumo no comercio e na hosteleria local.

SEGUIMOS EN MASIDE PARA FALAR AGORA DE OBRAS. HOXE MESMO O ALCALDE ASINABA O CONTRATO COA EMPRESA LEMOS MARTINEZ PARA ACOMETER MELLORAS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL. TAMÉN EN O BOLO, GARABÁS E O MATO CONTINÚAN COS TRABALLOS DE SUSTITUCIÓN DE LUMINARIAS A ILUMINACIÓN LED